HomesociedadeEste 23 de novembro Segredos de Pantón organiza o roteiro San Cosmede-Cibrisqueiros

Este 23 de novembro Segredos de Pantón organiza o roteiro San Cosmede-Cibrisqueiros

Nesta ocasión a proposta de Segredos de Pantón estará na parroquia de San Vicenzo de Pombeiro para percorrer o roteiro que une os lugares desta freguesía de Cibrisqueiros e San Cosmede.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Na andaina, que contará con guía oficial, faranse diferentes paradas explicativas, unha delas ao xacemento do Preguntoiro. Ao remate da ruta visitarase a igrexa románica de Pombeiro, todo un símbolo e institución por estas terras de Pombeiro.

A actividade terá lugar o sábado, 23 de novembro, ás 9:30 h. Cóntase con 30 prazas respectando a orde de incrición. O custo da actividade será de 2 euros por persoa. Será necesario pagar o custo da actividade por adiantado para poder inscribirse. En caso de non poder acudir, informan de que estes cartos non serán devoltos.

Reservar mediante: Teléfono: 662 669 223 (Lucas Vázque), Correo electrónico: segredosdepanton@gmail.com, Redes Sociais: Instagram e Facebook. Estes mesmos contactos serven tamén para reservar praza nalgunha das actividades que organizará a asociación antes de que remate o ano:

  • 1 de decembro: Roteiro “Entre o río Cabe e o río Ferreira”
  • 2 ao 31 de decembro: VII Concurso fotográfico de Nadal de Segredos de Pantón
  • 7/8 de decembro: Inauguración das decoracións de Nadal do Cotillón + Roteiro por Acedre

ÚLTIMAS

A Deputación autoriza o convenio de 250.000€ para a Casona do Incio

A xunta de goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres mobilizar máis de...

Ata o 30 de outubro pódense solicitar as axudas para a creación de empresas en Monforte

Desde este venres, 2 de outubro, está aberto o prazo para solicitar as axudas...

A Xunta entrega en alugueiro unha vivenda de promoción pública en Bóveda

Villares sinalou que a Xunta traballa para favorecer o acceso da cidadanía á vivenda,...

O pleno de Monforte non aproba a petición de Esperta monforte para unha nova aula de 2º de primaria

A iniciativa pedía revisar a planificación deste curso e crear un novo grupo...