HomesociedadeIñaki Castiñeira, xerente de A Túa Xanela ,recibe o premio 'Billó de...

Iñaki Castiñeira, xerente de A Túa Xanela ,recibe o premio ‘Billó de Ouro’

O galardón, que outorga a Asociación Cultural e Gastronómica Luso-Galaica en colaboración co Concello de Chantada, ten como obxectivo promover e potenciar a cultura e gastronomía galega e portuguesa.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O pasado 16 de novembro tivo lugar no Hotel Vilaseco de Chantada a entrega do ‘Billó de Ouro 2024’, evento que xuntou a unhas cen persoas. Entre os asistentes estiveron os alcaldes dos Concellos de Chantada e Taboada, Manuel Lorenzo e Roi Rigueira Agromartín, respectivamente, ademais de varios concelleiros dos concellos da comarca e Javier Campelo, presidente do GDR Miño Ulla.

Os discursos dos alcaldes e do gran Porto, o organizador, foron agarimosos e o do premiado, Iñaki Castiñeira, especialmente emotivo, lembrando as orixes da súa empresa, A Túa Xanela, que naceu como empresa familiar e que medrou ata ser o que é hoxe consolidándose por Galicia dende a Comarca de Chantada.

Iñaki Castiñeira con Manuel Lorenzo e Roi Rigueira. Foto: A Túa Xanela.

“Non podemos estar máis agradecidos de que este ano, no seu aniversario número 25, pensaran no noso director para recibir o Billó de Ouro”, comentan dende A Túa Xanela.

O BILLÓ DE OURO

Billó de Ouro é un premio outorgado polos concellos da Comarca de Chantada (Taboada, Chantada e Carballedo) e que se vén realizando dende 1997. Desde o ano 2004 outórgao a Sociedade Cultural e Gastronómica Luso-Galaica, fundada para promover e potenciar a cultura e gastronomía galega e portuguesa. Billó é a forma local para nomear a castaña asada e sen casca ou bulló. En portugués, por outra banda, bilhó é unha castaña asada e sen casca.

As primeiras edicións deste encontro xurdiron arredor da festa da castaña, e de aí o nome e tamén que o primeiro premiado fose un empresario das castañas.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...