HomesociedadeXV Concurso de Tapas da Guimaralia desde este 29 de novembro

XV Concurso de Tapas da Guimaralia desde este 29 de novembro

Este venres, 29 de novembro, comeza na Pobra do Brollón a edición XV do Concurso de Tapas da Guimaralia. Ata o día 5 de decembro poderanse probar as propostas dos seis bares participantes e entrar nun sorteo votando pola tapa favorita.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concurso de Tapas terá lugar dende o 29 de novembro ata o 5 de decembro, dando paso aos Cantos de Taberna que terán lugar durante a tarde-noite do venres, 6 de decembro. As tapas do concurso teñen un prezo único de 1,50€. Pódense probar en horario de 12:00 a 14:00 e de 19:00 a 22:00 horas.

Catro locais participan na propia Pobra do Brollón: Avenida, A Vella Taberna, Primeiro de Maio e Bar Pirata. Fóra da capitalidade, participan A Salanova en Salcedo e o Fogón en Cereixa.

Cada tapa debe incluír ao menos un ingrediente dalgún produtor local do municipio da Pobra do Brollón e dito ingrediente debe ir explicitado no nome do pincho.

As propostas foron catadas previamente por dous profesionais da hostalería: o cociñeiro, Diego Martínez e o sumiller, Marcos Eiré. A cata está dirixida a garantir os estándares de calidade dos pinchos e asegurar o cumprimento das condicións.

A elección do primeiro, segundo e terceiro premio será, coma sempre, por votación popular. Cada votante debe elixir a súa tapa favorita nunha tarxeta de voto debidamente selada por todos os bares participantes. Os e as votantes entrarán nun sorteo dunha noite con circuíto termal no Hotel Iberik Augas Santas de Ferreira de Pantón.

Concurso de Tapas Guimaralia / Concello da Pobra do Brollón

ÚLTIMAS

OPINIÓN: Adeus ao Anchoas. Ou de como a legalidade se impuxo á nostalxia da memoria colectiva

Hai poucos días acudín a un convite no Pazo de Tor, organizado polos responsables...

En marcha os Trens Turísticos da Ribeira Sacra que funcionarán ata outubro

Renfe retomou este sábado as viaxes máis singulares por Galicia cos Trens Turísticos Xunto...

O luns, 8 de xuño, ábrese o prazo de matrícula para os Campamentos Deportivos de Verán en Monforte

O concello de Monforte publicou esta semana as listas de persoas admitidas nas actividades...

O BNG solicita revisar a autorización de Patrimonio para a nova ponte do Cabe

Segundo explicou o deputado do BNG, Iago Suárez Fernández, o proxecto previsto suporía unha...