HomesociedadeEn funcionamento a nova iluminación dos aparcamentos do complexo deportivo da Pinguela

En funcionamento a nova iluminación dos aparcamentos do complexo deportivo da Pinguela

Trátase do proxecto de iluminación da zona de aparcamentos, tanto a que dá á estrada de Sober como os aparcamentos situados nos exteriores do Campo de fútbol, da piscina e do polideportivo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Á nova iluminación da zona de aparcamentos do complexo deportivo da Pinguela, destináronse máis de 18.000 € (18.053,20€). As actuacións consistiron na instalación de 7 columnas galvanizadas de 8 metros con cimentación, de 3 columnas galvanizadas con dobre brazo sen cimentación, facendo un total de 10 novas farolas, e 12 novas luminarias Essence de 70w. O proxecto incluíu tamén toda a canalización do cableado.

“Con este proxecto de iluminación dos estacionamentos desta zona, e unha vez xa rematada a mellora dos aparcamentos e reordenación do tráfico da mesma, en canto finalice a mellora integral da piscina e o arranxo das pistas de tenis, esta zona da cidade completará a súa transformación, posto que xa levamos a cabo a mellora das súas rúas, o novo parque Covas-Pinguela, o novo Pavillón polideportivo municipal, ou as melloras do Campo de Fútbol”, salienta o rexedor monfortino, José Tomé.

ÚLTIMAS

Morre tras quedar debaixo do coche mentres facía unha manobra

Unha persoa faleceu esta tarde de martes tras ser atropelada en Monforte de Lemos...

Gastronomía, viño e música para gozar do outono na Praza de Abastos de Monforte

A delegación da zona sur da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo...

O CCU de Monforte convoca eleccións para o 26 de novembro

O Centro Comercial Urbano (CCU) de Monforte convoca para o próximo 26 de novembro...

A Plataforma Pola Sanidade Pública do Saviñao concéntrase contra os recortes do Sergas

O centro de saúde de Escairón conta nestes momentos cunha médica fixa de xeito...