HomesociedadeObradoiros interxeracionais en Monforte

Obradoiros interxeracionais en Monforte

Están dirixidos a avós/avoas e os seus netos/netas que estén empadronados no Concello de Monforte de Lemos. O prazo para matricularse no Centro Cívico do Malecón remata o 20 de decembro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Dous obradoiros interxeracionais, que son unha novidade dentro do Programa Activa 2024-2025, desenvolveranse este Nadal no Centro Cívico de Monforte. Levan por título “Obradoiro interxeracional AV@S 3.0” e o “Obradoiro interxeracional de manualidades navideñas” e están dirixidos a avós/avoas e os seus netos/netas que estén empadronados no Concello de Monforte de Lemos.

O prazo de inscrición para ambos obradoiros será ata o 20 de decembro de 2024, e poderá formalizarse na Secretaría dos Servicios Sociais do Concello, ubicada no Centro Cívico do paseo do Malecón. Ambos obradoiros son gratuítos para as persoas participantes.

OBRADOIRO INTERXERACIONAL AV@S 3.0

Este obradoiro ten como obxectivo fortalecer os lazos entre os avós e avoas e os seus netos e netas ao tempo que contribúe á alfabetización dixital das persoas maiores aproveitando os coñecementos dos máis novos.

Levarase a cabo os días 23 e 26 de decembro de 2024 de 11:00-13:00h no baixo do Centro Cívico Social e está dirixido os avós/avoas e os seus netos/netas (de 8 a 16 anos) que sexan veciños e veciñas do Concello de Monforte de Lemos. Ofértanse 8 prazas dobres.

O taller está orientado a dotar ós maiores das competencias necesarias para un desenvolvemento básico nas inmensas posibilidades que ofrecen as novas tecnoloxías (móbil, correo electrónico, buscas en internet…), e ós rapaces e rapazas de 8 a 16 anos na adquisición de hábitos de responsabilidade e implicación en tarefas asumidas como propias así como favorecer relacións interxeracionais.

OBRADOIRO INTERXERACIONAL DE MANUALIDADES DE NADAL

Na mesma liña que no obradoiro anterior, o Concello tamén oferta un Obradoiro interxeracional de manualidades de Nadal que se desenvolverá o día 23 de decembro de 11:00 a 13:00h no 2º andar do Centro cívico social. Está dirixido tamén a avós e avoas e netos e netas con idades de 6 a 16 anos, que sexan veciños e veciñas do Concello de Monforte. Ofértanse 8 prazas dobres.

REQUISITOS DE INSCRICIÓN

Para inscribirse, as persoas interesadas deberán acudir á Secretaría dos Servizos Sociais onde cubrirán o modelo de solicitude achegando o documento de identidade. Ademais, deberán: Estar empadroados no Concello de Monforte, ter relación parentesco en 2º grao (avós/netos) e cumprir idade establecida para os/as menores; e no caso de participar no Obradoiro interxeracional Av@s 3.0 dispor de móbil con sistema Android.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...