HomesociedadeSegunda fin de semana de Mercado de Nadal na Praza de Abastos...

Segunda fin de semana de Mercado de Nadal na Praza de Abastos de Monforte

O Concello de Monforte volverá a abrir as portas, este sábado, 28 de decembro, do Mercado de Nadal do Concello de Monforte, unha proposta de animación, con actividades para nenos e nenas, e propostas musicais para todos os públicos, á vez que se potencia o comercio e a artesanía.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Ó igual que a pasada fin de semana, o Mercado de Nadal de Monforte, abrirá as súas portas na Praza de Abastos monfortina mañá sábado, 28 de decembro, con continuidade o domingo 29, en horario de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:30 horas.

No Mercado de Nadal, o visitante poderá atopar unha ampla oferta de produtos para agasallos e gastronomía navideña, como artesanía encoiro, pintura, bixutería, madeira, complementos téxtiles, calzados, produtos gourmet, galletas artesanais, tartas de queixo artesás, cosmética natural e moito máis. Estes produtos serán ofertados por 15 expositores cada día.

Ademais da oferta comercial, o Mercado de Nadal contará con un variado programa de actividades dirixido a toda a familia e que se celebrará na propia Praza de Abastos.

O sábado 28 terá lugar ás18:30 horas, o espectáculo de títeres Alakrán coa peza “Pequeno Kabaret de Tolos” e o domingo 29 tamén ás 18:30 horas unha actuación de maxia co mago Roberto Lolo, co espectáculo “Mira el Coyote”.

Tanto o sábado coma o domingo, no horario de apertura do Mercado de Nadal haberá instaladas unhas pistas de Scalextric, no espazo gastronómico da Praza de Abastos.

Poderán participar nel de xeito gratuíto todos aqueles que o desexen, con coches e mandos propios ou cedidos pola organización. O domingo 29 a partir das 17:30 h disputaranse unha carreira en distintas categorías. 

Para poder participar nela, será necesario inscribirse o domingo 29 pola mañá (de 10:00 a 14:00 horas) ou ás 17 horas, antes do comezo da carreira.

Actuación musical na rúa do Cardenal

O sábado 28, a partir das 20:00 horas, actuará o grupo monfortino Movilla y los Irrepetibles na rúa Cardenal, como colofón a esta segunda fin de semana do Mercado de Nadal.

O Alcalde anima “a todos os monfortinos e ás persoas que nos visiten estes días, que acudan ó noso Mercado de Nadal, ó igual que fixeron a pasada fin de semana, que aposten por mercar no comercio local e disfruten da nosa hostalería, e participen neste completo programa de actividades que desenvolveremos na Praza de Abastos e na rúa do Cardenal”.

ÚLTIMAS

Convocado o concurso oficial para o cartel da XXII Feira Outrora de Rubián

O Concello de Bóveda vén de anunciar a convocatoria para participar no concurso gráfico...

O Cineclub Ateneo de Monforte propón cine e música para celebrar o 1º de maio

O Cineclub Ateneo organiza unha programación especial para este primeiro de maio. Ás 20:00h...

Tres día de Feira do Viño en Vilachá de Salvadur para a ponte de maio

Unha nova edición da Feira do Viño de Vilachá celébrase na ponte de maio...

Comezan as obras de mellora na estrada LU-P-4905 entre Portomarín e Taboada

Esta actuación céntrase nos primeiros 10,5 quilómetros da vía, ao seu paso polo termo...