Homesociedade160.000 euros para a mellora de abastecemento en Sober

160.000 euros para a mellora de abastecemento en Sober

Os traballos execútanse nun treito de 2 quilómetros da traída de auga en Rosende, tamén se farán melloras en Figueiroá. A Deputación financia as obras que beneficiarán a 150 veciños.

Publicado o

- Advertisement -

O obxectivo deste tipo de actuacións é substituír instalacións que estaban en mal estado, modernizándoas e facendo que as dotacións públicas municipais sexan máis eficientes, evitando avarías.

O voceiro da Deputación, Santos Ramos, destacou na visita que este martes fixo a Sober, que a Deputación está comprometida co rural rehabilitando servizos municipais, como traídas de auga, redes de abastecemento, sistemas de iluminación públicas, accesos ou camiños, “porque cremos que é o noso deber garantir a igualdade de oportunidades vivas onde vivas”, destacou.

As obras na rede Rosende consistiron na ampliación e prolongación nun treito de 2 quilómetros da rede municipal de abastecemento de auga, que vai ata o Campo de San Miguel, e que ofrece subministro a todos os veciños da parroquia. Tamén se executarán melloras na parroquia de Figueiroá, das que se beneficiarán núcleos rurais como O Taro, Vilabalde, Prados, Xanimol ou Veleigaz.

ÚLTIMAS

Unha ruta gratuíta do Barco á Rúa convida a percorrer o Camiño de Inverno o 3 de outubro

Unha ruta a pé de 12,65 quilómetros para a que se habilitan 60 prazas....

Chantada acolle un obradoiro sobre o emprego de pinturas naturais na construción

O delegado territorial de Lugo, Alfonso Villares, visitou este luns aos participantes na actividade,...

A D.O. Ribeira Sacra pecha a vendima con 5,4 millóns de quilos de uva recollidos despois de 46 días

A Denominación de Orixe Ribeira Sacra pechou a campaña de vendima 2026 tras 46...

O IES Río Cabe na final do Concurso de Coñecementos Financeiros

O certame está organizado polo Banco de España, a CNMV (Comisión Nacional do Mercado...