HomesociedadeEste 5 de xaneiro os Reis Magos chegan a Quiroga e Chantada

Este 5 de xaneiro os Reis Magos chegan a Quiroga e Chantada

Este domingo, 5 de xaneiro, achegaranse ata Quiroga e Chantada as Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente. En Chantada visitarán a DomusVi para comezar a Cabalgata ás 18:30h, mentres que en Quiroga dará inicio ás 18:00h despois de visitar a residencia da terceira idade.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este domingo, 5 de xaneiro, achegaranse ata Quiroga as Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente. No programa desta visita está previsto achegarse, ás 17:00h, ata a casa consistorial onde se fará entrega dos premios aos gañadores do concurso de Poesía de Nadal convocado pola Biblioteca Municipal.

O recorrido da cabalgata comezará ás 18:00h e rematará no Auditorio Municipal, onde nenos e nenas terán tempo de falar con eles. Non faltará unha bolsa con caramelos para os nenos que se encargarán de entregar os paxes. Para rematar todos os nenos  que o desexen estarán convidados a chocolate con churros no Albergue Municipal.

En Chantada, despois de visitar a DomuVi, a Cabalgata seguirá por Avenida de Lugo, Praza de Santa Ana, Catro Camiños e desde alí cara a Praza de Galicia pola Avenida de Monforte. Melchor, Gaspar e Baltasar recibirán aos nenos e nenas no Auditorio Municipal ao remate da Cabalgata. Se a climatoloxía non acompaña, suspenderase a Cabalgata e farase a recepción no Auditorio.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...