HomesociedadeO Apalpador, motorizado por Terras de Quiroga

O Apalpador, motorizado por Terras de Quiroga

Este sábado 22 de decembro o Moto Clube “A Curuxa” de Quiroga organiza unha “cabalgada moteira” na que se convida aos participantes a disfrazarse de Apalpador ou de Papá Noel.

Publicado o

- Advertisement -

A asociación Moto Clube A Curuxa, creada en Quiroga e coñecida polas concentracións moteiras que realiza en agosto nesta vila, vai a máis cada ano. O éxito na organización e na participación de motoristas de toda Galicia e fóra dela semella que non remata na organización dun gran evento anual. Este Nadal atrévense xa cunha “cabalgada moteira” na que convidan aos participantes a caracterizarse de Papá Noel ou Apalpador e percorrer deste xeito as localidades de Seoane e Folgoso do Courel, Quiroga e Ribas de Sil. Será o día 22 de decembro no transcurso da tarde, programando a saída do camping de Seoane do Courel ás 16:15 h. e a chegada a Ribas de Sil ás 18:00 h. onde haberá chocolatada para todas/os.

Para incentivar que a xente se disfrace haberá un premio para a mellor caracterización e como detalle solidario farán unha visita á residencia de maiores de Quiroga. Falamos con Miguel Ángel, presidente da entidade.

Cando naceu A Curuxa e cantos socios/as sodes actualmente?

O moto clube fundouse hai seis anos, cando Óscar Gamallo propúxollo a un grupo de amigos, todos eles con moto e moitas ganas de formar un moto clube na zona, na actualidade somos case 150 socias/os.

Hai moita afección ás motos na Comarca de Quiroga?

En Quiroga sempre tivemos gran afección ás motos en todas as súas variantes, tanto ao campo como á estrada, xa que se organizaron eventos de enduro, trail e estrada.

Da concentración moteira que facedes en agosto fálase moi ben e vai a máis. Que cres que facedes ben?

Penso que o segredo é o agarimo co que se fai.

Boa idea integrar os tres concellos da comarca para organizar esta concentración, verdade?

Sempre pensamos que en realidade os tres forman un único espírito que ben podía ser definido como “Montañas do Caurel”.

Non tedes medo de que se vos vaia das mans a dimensión do evento ou a vosa ambición non ten límites neste senso?

Nestes momentos a inmensa maioría da directiva avoga por seguir crecendo, pero está claro que estamos acoutados polas limitacións que nos impoñen as infraestruturas hostaleiras da zona.

E este ano unha ‘cabalgada moteira’ vaivos a marcha, non?

Sempre quixen facer algo polos máis peques e esta pode ser unha maneira de aledarlles unha tarde con algo tan emotivo como pode ser Papá Noel e como non, unha forma de dar a coñecer un pouco máis se cabe a figura do Apalpador. Ademais, con esta cabalgata queremos que facer participes aos nosos maiores, xa que faremos tamén unha parada na residencia da terceira idade de Quiroga.

Cartel da “cabalgada moteira”

ÚLTIMAS

Interesante axenda cultural e de lecer en San Clodio

O Concello de Ribas de Sil aproveita os meses de verán para ofrecer diferentes...

Como afecta ao tráfico a Subida de Chantada?

A celebración da proba automobilística supón modificacións no tráfico. Na vila de Chantada o...

O BNG de Monforte alerta de verquidos e morte de peixes no Río Cabe

Este venres varias persoas puxéronse en contacto cos responsables do BNG de Monforte para...

O Concello de Monforte destina 8.000€ para axudas a asociacións monfortinas que promoven servizos sociais

O Equipo de Goberno aprobou, na Xunta de Goberno celebrada o pasado 15 de...