HomesociedadeRematada a 2ª fase das obras de mellora na rede de saneamento...

Rematada a 2ª fase das obras de mellora na rede de saneamento urbano de Monforte

O Alcalde supervisa o asfaltado nas rúas Concepción Arenal e Doutor Casares, logo do remate das actuacións incluídas na 2ª fase das obras de mellora na rede de saneamento urbano de Monforte.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Na rúa Concepción Arenal, os traballos consistiron no deseño e execución dunha rede separativa, nesta rúa e na rúa Rosalía de Castro. Instaláronse así novos colectores substituíndo á condución unitaria. Ademais, na rúa Concepción Arenal instalouse un separador hidrodinámico como dispositivo de tratamento das augas pluviais para dar saída ás pluviais ao río Seco.

Por outra banda, na rúa Doutor Casares, procedeuse tamén ó fresado e asfaltado do firme, tras levarse previamente a cabo a renovación dos colectores de saneamento. Neste senso, instalaronse unha nova tubaxe e todas as acometidas tanto de pluviais como de residuais que van conectadas ós novos pozos de rexistro.

Finalizadas as obras repuxéronse os bordillos e pavimento das aceras, a sinalización vertical e o alumeado público. Ademais procedeuse ao fresado da capa de rodadura da calzada, previa ó asfaltado.

Estas actuacións enmárcanse dentro da 2ª Fase das obras de mellora na rede de saneamento urbano de Monforte, que se traducen en actuacións, ademais de nas rúas mencionadas, na rúa Carude, no colector das Malloadas e rúa Concepción Arenal, na rúa Rosalía de Castro, na rúa Doutor Casares-Morín e na prolongación de Xoan Montes. O investimento para estas actuacións alcanzou os 1,8M€, e a obra foi adxudicada á empresa Misturas Obras e Proxectos, que pertence ó grupo Extraco.

As actuacións están cofinanciadas pola Confederación Hidrográfica do Miño-Sil que aporta o 80% da inversión, e polo Concello de Monforte, con unha porcentaxe do 20%.

Con estes traballos, tal e como explicou José Tomé , “estanse a subsanar as infiltracións que sobrecargan a rede e os alivios de augas residuais e abórdase tamén nesta mesma actuación, a mellora da rede de saneamento de varias rúas, por estar en mal estado na maioría dos tramos, causando un funcionamento deficiente”.

ÚLTIMAS

A Agrupación de Empresas da Ribeira Sacra presenta o seu Plan Director

O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, asistiu ao acto de presentación das liñas...

A MAVI que promove a educación en igualdade de xénero chegou este martes a Taboada

A subdelegada presentou este programa, que posibilita que a cidadanía teña acceso a materiais...

Cachan por cuarta vez no Saviñao a un septuaxenario conducindo sen carné e posto de cocaína

A Garda Civil interceptou por cuarta vez no municipio lucense do Saviñao a un condutor septuaxenario...

Inscricións abertas ata o 10 de marzo para participar na XXI Feira Medieval de Monforte

A XXI Feira Medieval celebrarase o sábado día 19 e o domingo, 20 de...