HomesociedadeO viño galego promocionarase no Parlamento Europeo

O viño galego promocionarase no Parlamento Europeo

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, mantivo este xoves unha reunión de traballo en San Caetano con representantes destas entidades, para avanzar nesta acción divulgativa e de promoción, prevista inicialmente para a vindeira primavera.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Xunta e os consellos reguladores das cinco denominacións de orixe (DO) vitivinícolas de Galicia (Monterrei, Rías Baixas, Ribeira Sacra, Ribeiro e Valdeorras) colaboran para poñer en valor e promocionar o viño galego mediante unha acción extraordinaria no Parlamento Europeo.

O obxectivo desta iniciativa é difundir a calidade do viño galego nunha das institucións máis importantes da Unión Europea, como é o Parlamento. Así, está previsto que nesta xornada de promoción, que se desenvolverá na sede da cámara en Bruxelas, os presidentes das cinco DO expoñan a situación do sector, a súa historia, identidade e principais retos (ambientais, burocráticos, comerciais etc.). Ademais, estas intervencións complementaranse coa degustación de viños e outros produtos galegos de calidade diferenciada.

A intención dos organizadores é convidar a estes actos a representantes do sector vitivinícola e agrícola europeo (asociacións, empresas, funcionarios europeos, asesores, sindicatos e outros), así como a eurodeputados de todos os partidos e países vinculados ao sector do viño e a autoridades con presenza na capital comunitaria, coma o comisario de Agricultura, a presidenta do Parlamento, o embaixador de España ante a Unión Europea ou o presidente da Comisión de Agricultura. Esta iniciativa reforzarase con accións de comunicación, para intensificar a presenza dos viños galegos en redes, medios e na propia sede da Eurocámara.   

ÚLTIMAS

A Pobra do Brollón acolle un concerto que reivindica poetas vinculadas á montaña lucense

O cuarteto vocal Son de Corda volve á Pobra do Brollón cunha nova proposta,...

Obradoiro contra a desinformación en Taboada

Esta actividade de alfabetización mediática será impartida por Selina Otero Verdes, licenciada en xornalismo...

En outubro aumentou en 110 o número de parados no centro-sur da provincia

Paro comarca de Sarria no mes de outubro 751 (+35): O Incio 32 (-1) Láncara 73...

O BNG de Monforte reclama transparencia no proceso selectivo da Policía Local

Os nacionalistas aseguran que as informacións publicadas sobre os resultados da primeira proba, na...