HomesociedadeAlbores adorna o Nadal para 'abrir mentes'

Albores adorna o Nadal para ‘abrir mentes’

Albores Saude Mental colabora, como vén sendo habitual, coas festas de Nadal dos Concellos de Monforte de Lemos e Chantada.

Publicado o

- Advertisement -

A Asociación Albores Saúde Mental colabora este ano na decoración da entrada do edificio do Concello de Monforte de Lemos. Os usuarios/as elaboraron dúas árbores con materiais reciclados, principalmente follas de xornal, cunha dobre finalidade: unha meramente estética e outra simbólica coa intención de proxectar unha mensaxe.

Un dos obxectivos do programa de sensibilización que desenvolven é a promoción nos medios de comunicación dunha información veraz e libre de estereotipos no eido da saúde mental. Así, pois, a mensaxe que traen as árbores é a seguinte: “Albores Saúde Mental agarda que se fale da saúde mental con obxectividade e por iso involucramos aos medios de comunicación no noso desexo de ano novo.”

As árbores están expostas na parte baixa do concello, a ambos lados das escaleiras, dende o día 20 de decembro e chaman a atención tanto en tamaño como en creatividade.
Ademais destas árbores tamén se fixeron adornos para poñer noutros lugares públicos tanto de Monforte coma de Chantada.

ÚLTIMAS

O 6 de novembro proxéctase en Quiroga “Prisciliano e a Gallaecia”

Trátase dunha serie de encontros divulgativos sobre Prisciliano, que contará coa participación de Aser...

Chantada estrea área recreativa na rúa Concepción Arenal

A través dos módulos de Operacións auxiliares de acabados ríxidos e urbanización (albanelaría) e...

A Praza de Abastos de Monforte acolle o 15 de outubro dous obradoiros de costura creativa

A proposta parte dunha idea sinxela, a peza máis sostible é a que xa...

O concurso de debuxo infantil “Os Bolechas reciclan en Monforte” ten prazo aberto ata o 20 de novembro

O concurso dá continuidade ao traballo desenvolvido no curso pasado a través da campaña...