HomesociedadeCurso Básico en Prevención de Riscos Laborais na Construción con certificación oficial

Curso Básico en Prevención de Riscos Laborais na Construción con certificación oficial

Co obxectivo de mellorar a empregabilidade nas comarcas de Lemos e Chantada, dentro do programa de Comunidades de Emprego e Emprendemento de Acción Contra a fame, ofrécese formación gratuíta e certificada que homologa para poder traballar neste sector denominada: Curso Básico en Prevención de Riscos Laborais na Construción (PRL).

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A formación terá unha duración de 60 horas das que 20 son presenciais (na Escola Oficial de Idiomas de Monforte) e 40 horas son en liña (polo que se necesita dun computador, móbil ou tablet para a súa execución). Ambos os formatos deben realizarse completos para poder recibir a certificación oficial.

As clases presenciais serán de 5 horas (de 09:05 a 14:00 horas), os días 11, 18 e 25 de marzo e o 1 de abril. O resto das horas (40) serán en liña en asíncrono con titorías e seguimento dos participantes por parte da empresa formadora. Débense finalizar todas as horas antes do 01 de abril.

As persoas interesadas deben cumprimenten esta ligazón de inscrición. As prazas son limitadas, para poder realizar a formación de forma gratuíta deberán ser persoas desempregadas (co Darde actualizado) e darse de alta programa de Acción contra a fame.

ÚLTIMAS

A Pobra do Brollón acolle un concerto que reivindica poetas vinculadas á montaña lucense

O cuarteto vocal Son de Corda volve á Pobra do Brollón cunha nova proposta,...

Obradoiro contra a desinformación en Taboada

Esta actividade de alfabetización mediática será impartida por Selina Otero Verdes, licenciada en xornalismo...

En outubro aumentou en 110 o número de parados no centro-sur da provincia

Paro comarca de Sarria no mes de outubro 751 (+35): O Incio 32 (-1) Láncara 73...

O BNG de Monforte reclama transparencia no proceso selectivo da Policía Local

Os nacionalistas aseguran que as informacións publicadas sobre os resultados da primeira proba, na...