Homesociedade22.400€ na mellora de accesos a Teibilide en Samos

22.400€ na mellora de accesos a Teibilide en Samos

A Consellería do Medio Rural achegou 22.400 euros para rehabilitar accesos en Teibilide, no concello de Samos, con cargo á orde de axudas para acondicionar camiños municipais en zonas de concentración parcelaria.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O delegado territorial Xunta en Lugo, Javier Arias, comprobou este martes o resultado dos traballos, que consistiron na reparación dunha vía de aproximadamente un quilómetro de lonxitude. As actuacións centráronse na mellora do pavimento, para o que se acondicionou a base e posteriormente estendeuse unha nova capa de rodaxe mediante un triplo rego asfáltico.

O obxectivo destas axudas, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), é mellorar as vías de acceso rurais naquelas zonas de concentración ou reestruturación parcelaria que xa estean rematadas.

O Goberno galego lanzou por primeira vez esta convocatoria co fin de contribuír á cohesión social e territorial nos núcleos rurais. Ademais, o bo estado dos accesos nestas zonas favorece a competitividade agraria e forestal, segundo destacou o delegado

ÚLTIMAS

Gastronomía, viño e música para gozar do outono na Praza de Abastos de Monforte

A delegación da zona sur da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo...

Morre tras quedar debaixo do coche mentres facía unha manobra

Unha persoa faleceu esta tarde de martes tras ser atropelada en Monforte de Lemos...

O CCU de Monforte convoca eleccións para o 26 de novembro

O Centro Comercial Urbano (CCU) de Monforte convoca para o próximo 26 de novembro...

A Plataforma Pola Sanidade Pública do Saviñao concéntrase contra os recortes do Sergas

O centro de saúde de Escairón conta nestes momentos cunha médica fixa de xeito...