HomesociedadeFernando Romay pregoará a XLIII Feira do Viño de Quiroga

Fernando Romay pregoará a XLIII Feira do Viño de Quiroga

Fernando Romay Pereiro (A Coruña, 23 de setembro de 1959)  exxogador de baloncesto español, será o pregoeiro da XLIII Feira do Viño de Quiroga que se celebra os días 19 e 20 de abril.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Romay acadou a prata coa selección española de baloncesto nos Xogos Olímpicos de Los Ángeles 1984. Participou tamén nos Xogos Olímpicos de Moscova 1980 e en tres Mundobasket e catro Eurobasket.

En España xogou no Real Madrid entre 1976 e 1993, período no que o equipo obtivo sete títulos de Liga ACB, cinco de Copa do Rey, dous de Copa de Europa, tres de Recopa, un de Copa Korac, dúas da Copa Intercontinental e un Campionato Mundial de Clubs. Ao finalizar a súa etapa no club branco, militou no OAR Ferrol (93-94) e Amway Zaragoza (94-95).

É o segundo máximo taponador da liga ACB con 677. Ademais posúe o récord de maior número de partidos na ACB con 100% de tiros.

O 8 de xuño de 1996 converteuse no primeiro deportista español de elite capaz de alcanzar dous títulos de Liga en dúas disciplinas diferentes de equipo: o baloncesto e o fútbol americano.

No 2004 recibiu, xunto aos seus compañeiros da selección española de baloncesto nos Xogos Olímpicos de Los Ángeles 1984, o premio Corazón de Ouro outorgado pola Fundación Española do Corazón.

Nos últimos tempos este galego internacional ten colaborado en diferentes programas de televisión, apoia diferentes organizacións non gobernamentais e presta asesoramento a directivos e executivos na mellora do rendemento laboral.

ÚLTIMAS

Xornada informativa sobre a regularización extraordinaria de persoas migrantes, este 22 de abril no Auditorio Municipal de Chantada

A actividade que se desenvolverá no Auditorio Municipal de Chantada está aberta ás persoas...

Este 20 de abril celébrase a imposición das Medallas do Concello de Monforte aos policías locais Eusebio Cuesta, a título póstumo, e Francisco Cao

A imposición de Medallas pon fin ao procedemento de Símbolos e Distincións recollido na...

Vicepresidencia recupera os restos da antiga torre do Pazo de Tor en Monforte

O proxecto pretende poñer en valor este elemento construtivo, contiguo ao muro de peche...

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...