HomesociedadeLucía Pérez pregoará a XLV Feira do Viño de Amandi

Lucía Pérez pregoará a XLV Feira do Viño de Amandi

A cantante natural do Incio ofrecerá un concerto o sábado e pronunciará o pregón o domingo ao mediodía. O Incio será o concello convidado na edición deste ano.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Lucía Pérez será este ano a pregoeira da XLV Feira do Viño de Amandi, que se vai celebrar os días 11, 12 e 13 de abril, coincidindo como é habitual coa fin de semana do Domingo de Ramos. Lucía Pérez ofrecerá un concerto o sábado pola tarde e pronunciará o pregón o domingo ao mediodía.

O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, explica a elección da pregoeira por tratarse “dunha das artistas máis queridas e recoñecidas da música galega” nun momento de madurez artística e cando vén de presentar o seu novo tema ‘Tanto’, no que fusiona diferentes influencias culturais.

En concreto, esta peza foi composta pola propia Lucía xunto co artista emerxente G-Face e producida por Juan Guevara. É, nas súas propias palabras, “un antoxo galego mexicano, un abrazo entre culturas”.

A cantante é ademais unha das artistas polas que o Concello de Sober ten optado en diferentes celebracións, como as Festas do Carme de setembro, nas que participou en máis dunha ocasión.

O Incio terá dobre protagonismo nesta edición da XVL Feira do Viño de Amandi, posto que, ademais de ser o lugar de nacemento da pregoeira, será o concello homenaxeado este ano.

O vindeiro sábado, 15 de marzo, darase a coñecer na capela de Portabrosmos a programación do Mes do Amandi, o programa completo de actividades da XLV Feira do Viño de Amandi e o cartel anunciador, obra de Rubén Lucas García.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...