Homesociedade'Gorilas!!!' o novo xogo de cartas de Muki, veciña da Pobra do...

‘Gorilas!!!’ o novo xogo de cartas de Muki, veciña da Pobra do Brollón

Despois do éxito da súa anterior creación, "Cordadas", vén de activar unha campaña de crowdfunding o pasado 10 de marzo para lanzar ao mercado unha nova baralla sobre escalada.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

Tralo éxito de Cordadas, o primeiro xogo de cartas en galego creado por María Yáñez Rabanal –Muki–, e que vendeu máis de 1500 copias, chega agora “Gorilas!!!”.

A súa creadora é veciña do Concello da Pobra do Brollón e atrévese agora, dous anos máis tarde, cunha nova baralla que ten como temática tamén a escalada. Desde o 10 de marzo está activa xa unha campaña de crowdfunding onde pode conseguirse o xogo, ademais doutras recompensas, sorteos e descontos. O obxectivo da campaña é acadar a financiación para lanzar a 1ª edición de Gorilas antes do 18 de abril.

“Gorilas!!! Escala xogando” non é un xogo de mesa, é un xogo de cartas para usar como entretemento mentres se escala. O xogo está en galego, castelán e inglés e poden xogar a partir de 2 persoas. Está composto por 80 cartas, máis de 20 accións distintas e diferentes modalidades de xogo, como bloque gorileiro ou a líder da manda!

Segudo di a creadora deste xogo “en Gorilas, os escaladores terán que replicar na parede movementos que as cartas indiquen, adaptándose a cada modalidade de xogo. Foi ideado para facer máis entretidos os adestramentos de escalada, tanto para crianzas coma para adultos, e para divertirse escalando en grupo”.

Para este proxecto, Muki aliouse con Álex Moro. “Álex é monitor no rocódromo Movelab de Lugo e hai uns anos ideara un xogo que se chamaba pé-man. Xuntos revisamos a dinámica do xogo e o deseño, Álex fixo novos debuxos e así xurdiu Gorilas”, comenta.

Álex e María Yáñez. Foto: Muki
COMO SE XOGA?

ÚLTIMAS

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...

Micro Aberto á cultura este 14 de febreiro na cafetería Mon de Monforte

A iniciativa nace dun grupo heteroxéneo de persoas residentes no rural da zona, no...