HomesociedadeVIII edición dos Cantos de Taberna de Quiroga este 15 de marzo

VIII edición dos Cantos de Taberna de Quiroga este 15 de marzo

As actuacións comezarán a partir das seis e media da tarde aproximadamente, para rematar cunha gran foliada de todas as agrupacións xuntas na zona da praza da rúa Lago. A actuación en cada establecemento roldará a media hora cun repertorio de libre escolla, preferentemente con temas populares e tradicionais.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A  VIII edición dos Cantos de Taberna celébrase este sábado, 15 de marzo, con nove grupos inscritos e nove establecementos participantes.

Os grupos que chegarán dende diversos puntos da comunidade son: Son do Mao, Nubeiro Son Galego, Son Outeiro, Os Tarabelos, Macizas Centrais Trives, Os Parrandas, O Recanto, Os Ministreles e De Aquí e Daló. E os establecementos participantes son Adega de María, As Palmeras, O Portón, O Quiper, A Botica, Chapakuña, A Matrioska, Ruxe-Ruxe e o bar Lago.

As actuacións comezarán a partir das seis e media da tarde aproximadamente, para rematar cunha gran foliada de todas as agrupacións xuntas na zona da praza da rúa Lago. A actuación en cada establecemento roldará a media hora cun repertorio de libre escolla, preferentemente con temas populares e tradicionais.

A organización entregará unha cantidade económica a cada grupo participante para que gaste nos establecementos aos que acuda, aos establecementos participantes pola súa banda, comprométense a ter a disposición dos grupos tapas ou pinchos.

ÚLTIMAS

O 5 de novembro Monforte inicia campaña para a mellora de xestión de residuos

O Concello de Monforte inicia esta semana unha campaña informativa entre a cidadanía de...

Os polos de emprendemento da provincia recibirán 650.000€ da Xunta o vindeiro ano

Os polos de emprendemento da provincia atenderon desde a súa posta en funcionamento, hai...

Alumnado dos Escolapios de Monforte visita a Casa Consistorial

Os escolares tiveron a oportunidade de coñecer as instalacións municipais e o Salón de...

A Biblioteca Pública Municipal de Chantada conecta co alumnado e a infancia

Ademais das sesións de contacontos, as instalacións da Biblioteca son visitadas habitualmente polo alumnado...