HomesociedadePeregrinación á Capela de Rubián o 23 de marzo con motivo do...

Peregrinación á Capela de Rubián o 23 de marzo con motivo do Xubileo 2025

O Bispo da Diócese de Lugo, Monseñor Alfonso Carrasco Rouco, participará o 23 de marzo na peregrinación á Capela de Rubián con motivo do Xubileo 2025.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Con motivo do Ano Xubilar 2025 a Capela do Divino Ecce-Homo de Rubián acolle o 23 de marzo unha xornada de peregrinación baixo o lema ‘Peregrinos de Esperanza’.

Ás 11:15 horas terá lugar a celebración do Perdón e da Misericordia de Deus e ás 12:30 horas será a Eucaristía presidida polo Bispo Monseñor Alfonso Carrasco Rouco.

A celebración do Xubileo agradece o amor de Deus, revisa a vida a través da luz da súa palabra, acolle a súa misericordia e perdón no sacramento da Reconciliación e gaña a indulxencia plenaria para un mesmo e para un difunto.

ÚLTIMAS

A Pobra do Brollón acolle un concerto que reivindica poetas vinculadas á montaña lucense

O cuarteto vocal Son de Corda volve á Pobra do Brollón cunha nova proposta,...

Obradoiro contra a desinformación en Taboada

Esta actividade de alfabetización mediática será impartida por Selina Otero Verdes, licenciada en xornalismo...

En outubro aumentou en 110 o número de parados no centro-sur da provincia

Paro comarca de Sarria no mes de outubro 751 (+35): O Incio 32 (-1) Láncara 73...

O BNG de Monforte reclama transparencia no proceso selectivo da Policía Local

Os nacionalistas aseguran que as informacións publicadas sobre os resultados da primeira proba, na...