HomesociedadeRibeira Sacra fórmase en Novas Tecnoloxías IA para o sector vitícola

Ribeira Sacra fórmase en Novas Tecnoloxías IA para o sector vitícola

Este venres pola tarde o Parador de Turismo de Monforte acolleu un obradoiro sobre o tema organizado pola Xunta de Galicia e a CEL coa colaboración do C.R.D.O.R.S. e da Agrupación de Empresas da Ribeira Sacra.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A iniciativa, tal e como explica a CEL, foi unha oportunidade única para coñecer como a intelixencia artificial, a visión por computador, a dixitalización e a automatización están a transformar o mundo da viticultura, mellorando a produtividade e a calidade dos viños, a través da intelixencia artificial e dos últimos avances en tecnoloxía.

Unha gran oportunidade para viticultores e adegueiros da Ribeira Sacra que asistiron á charla maxistral, “Detección temperá e enfermidades do viñedo mediante intelixencia artificial e visión por computador” de Javier Tardáguila Laso, Catedrático de Viticultura de Precisión da Universidade de La Rioja.

Intervirían tamén expertos na material como Miguel Tubio, director técnico do Grupo
Martin Códax, que abordou as “Oportunidades de aplicación da dixitalización e automatización na viticultura“; e Pablo Franco, director técnico da D.O Calificada Rioja que ofreceu a conferencia, “A Intelixencia Artificial ao servizo da D.O.”.

Gloria Prada, en representación do Alcalde, destacou o gran prestixio dos ponentes, “que visitan a cidade para poder compartir os seus coñecementos e experiencia no mundo do viño, convencida de que a innovación tamén en viticultura, é o futuro.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...