HomesociedadeSacrapastas recibe o selo de Galicia Calidade para os seus produtos

Sacrapastas recibe o selo de Galicia Calidade para os seus produtos

Inspirada na arte románica e a mitoloxía da Ribeira Sacra, Sacrapastas recupera as históricas "Galletas de Xián", elaboradas artesanalmente na Panadería Darío, en Taboada. Estas pastas de manteiga homenaxean ás mulleres do rural galego e ás familias que souberon namorar a todo un pobo coas súas galletas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, e a xerente de Galicia Calidade, Ana Méndez, fixeron entrega da certificación Galicia Calidade aos responsables de Sacrapastas nas súas instalacións de Taboada (Lugo), destacando o seu labor na recuperación de receitas tradicionais galegas e a súa aposta pola calidade e os produtos de proximidade.

Deste xeito, a compañía poderá incluír na súa fachada a nova sinalización de Galicia Calidade, organismo dependente de Turismo de Galicia, así como engadir o distintivo nas diferentes accións de promoción comercial, reforzando a súa imaxe de marca e o seu compromiso coa excelencia.

Durante a visita, Ana Méndez destacou o “compromiso de Sacrapastas coa calidade e coa recuperación do patrimonio gastronómico galego”. Subliñou que a empresa aposta por transmitir tradición e emoción en cada galleta, mantendo vivas as raíces da Ribeira Sacra a través do sabor e da artesanía. Ademais, puxo en valor “o esforzo por manter a súa esencia familiar e a autenticidade que caracteriza as súas producións”. A súa elaboración combina tradición e innovación, mantendo o carácter artesanal grazas a unha máquina deseñada para preservar a esencia da receita.

Galicia Calidade

Galicia Calidade é a marca de garantía que certifica a calidade dos produtos e servizos que, pola súa elaboración en Galicia, pola súa materia prima ou deseño galegos, merezan esta distinción. Na actualidade, conta con máis de 170 empresas adheridas e máis de 880 produtos ou servizos avalados co selo de garantía, que engloban aos sectores agroalimentario, mar, turístico, xoieiro, industrial, xeotérmico e de planta ornamental.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...