HomesociedadeO empresario orixinario de Pantón, Gerardo Rodríguez, segue levando o sabor de...

O empresario orixinario de Pantón, Gerardo Rodríguez, segue levando o sabor de Galicia a Madrid

Fai tres décadas o empresario do Concello de Pantón, natural de San Vicente de Castillón, Gerardo Rodríguez, impulsaba en Madrid unha empresa de distribución de carne de boi galega de primerísima calidade, Carbuga S.L.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Anos despois seguíulle dando forma ao seu proxecto e puxo en marcha no 2018 un restaurante no que ofrece as carnes galegas e os viños da D.O. Ribeira Sacra. Ata Madrid levou unha das imaxes máis emblemáticas de Ribeira Sacra, o Cabo do Mundo e así lle chamou ao seu restaurante, situado no corazón financeiro de Madrid, moi preto do estadio Santiago Bernabeu e tendo como clientes habituais aos xogadores do equipo branco do que é seguidor, igual que da gastronomía galega.

Amante do ritmo vertixinoso da cidade, para seguir tendo preto a calidade gastronómica de Galicia, agora incorpora ao restaurante Cabo do Mundo unha polbeira con “pulbeiro do Carballiño. Temos as mellores carnes, os mellores viños entre os que non faltan os viños da D.O. Ribeira Sacra e agora tamén o mellor polbo”, asegura Gerardo.

A polbeira localízase na terraza do restaurante Cabo do Mundo e inaugurábase o pasado día 13 de marzo contando coa presenza do alcalde de Pantón, José Luis Álvarez, que destaca o labor divulgativo dos produtos da gastronomía galega que fai o empresario, “sempre lembrando a súa orixe e mostrando as paisaxes e os viños que temos na Ribeira Sacra, e en particular en Pantón coas nosas tres ribeiras”.

Cabo do Mundo restaurante inauguración polbeira / Concello de Pantón

ÚLTIMAS

30.000€ para renovar o alumeado público en 8 núcleos de Sober

A Xunta destina 30.000 euros a través do Fondo de Compensación Ambiental (FCA) deste...

Os contacontos regresan á Casa da Cultura de Chantada con sesións os primeiros venres de mes

A proposta diríxese a público familiar a partir dos tres anos, ofrecendo un espectáculo...

Tomé insiste en que a nova ponte se fará a pesar das posturas en contra

A oposición presentou no pleno deste luns varias iniciativas para paralizar o proxecto da...

A Cova de Eirós certifica o seu uso funerario despois de localizar restos humanos da Idade de Bronce

Os traballos na Cova de Eirós e contorna encádranse no Plan de actuacións arqueolóxicas...