Homesociedade"Quiroga é un viño", camiseta oficial para promocionar a Feira do Viño...

“Quiroga é un viño”, camiseta oficial para promocionar a Feira do Viño que pecha a Semana Santa

Co gallo da celebración da XLIII Feira do viño de Quiroga e do 95 aniversario do nacemento de Uxío Novoneyra (19 de Xaneiro), o Concello de Quiroga, en colaboración coa Fundación Novoneyra sacou unha serie limitada de camisetas que estarán á venda nos días da Feira do Viño de Quiroga.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Esta semana o rexedor local, José Luís Rivera, presentaba a camiseta realizada para celebrar o legado do poeta courelao e o afecto que lle tiña a esta terra e á Feira do Viño, da que foi pregoeiro na súa primeira edición en 1980.

Na camiseta está presente a mítica frase da carta que Uxío Novoneyra escribiu en 1956, “Quiroga é un viño” e a firma do autor que irán na parte do frente  e os logos oficiais da Feira do Viño de Quiroga e a Fundación Novoneyra na parte superior traseira.

A realización desta camiseta forma parte do calendario de homenaxes que se está a facer dende a área de Turismo a Novoneyra, e que concluirá coa celebración do Roteiro literario de Quiroga e a colación do seu fito dentro da ruta.

Dende a conta de Instagram da Concellería de Turismo publicouse un video para promocionar a cita e a súa camiseta que estará á venda, ata fin de existencias, no stand de información situado no recinto da feira.

Camiseta Feira do Viño 2025 / Concello de Quiroga

ÚLTIMAS

O PP esixe o arranxo urxente da LU-P-4112 en Pantón para garantir a seguridade do transporte escolar

Os deputados do Grupo Provincial Popular advirten a PSOE e BNG, tralo anuncio de...

O Concello de Monforte contribúe á organización do Ciclo de Cine en versión orixinal da Escola Oficial de Idiomas

A programación desta nova edición comezou o 6 de novembro coa proxección de "La...

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...