HomesociedadeSarria, un dos 28 concellos que acollerá a VIII Feira de Turismo...

Sarria, un dos 28 concellos que acollerá a VIII Feira de Turismo do Eixo Atlántico, Expocidades

A vila do sur de lugo ten preparado un extenso programa para converterse nun escaparate da riqueza e diversidade do territorio atlántico do 2 ao 4 de maio. 'Expocidades' é unha iniciativa promovida polo Eixo Atlántico que fomenta o turismo de proximidade e o intercambio cultural entre Galicia e o norte de Portugal.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Expocidades, unha iniciativa promovida polo Eixo Atlántico que fomenta o turismo de proximidade e o intercambio cultural entre Galicia e o norte de Portugal, inaugúrase o día 2 de maio, na Praza da Vila de Sarria. Unha cita que promove o turismo de proximidade co gallo da VII edición da Feira de Turismo do Eixo Atlántico.

Vinte e oito concellos e entidades de Galicia e do norte de Portugal reuniranse para amosar o mellor da súa oferta cultural, patrimonial e gastronómica. Durante a fin de semana haberá visitas guiadas, catas de viños, degustacións gastronómicas, concertos, exposicións, obradoiros infantís e exhibicións de artesanía en vivo, entre outras actividades.

Cada día da feira estará dedicado a un ámbito territorial distinto: o venres a Galicia, o sábado a Europa e o domingo a Portugal

O Concello de Sarria preparou un extenso programa para animar toda a fin de semana do 2 ao 4 de maio. Cada día da feira estará dedicado a un ámbito territorial distinto: o venres a Galicia, o sábado a Europa e o domingo a Portugal. Entre os actos destacados están tres visitas guiadas sobre o Camiño Francés, as antigüidades locais, e a vida de Matías López, empresario e chocolateiro de Sarria. Tamén haberá unha exclusiva cata de viños galegos e portugueses para un grupo reducido de asistentes.

A música terá un papel protagonista, con concertos de diversos estilos, incluído un tributo a ABBA, a actuación da banda local Louband e o peche a cargo do grupo sarrián Clarisaxos. Para os máis pequenos organizaranse obradoiros de chocolate, maxia e creación de instrumentos con materiais naturais, mentres que os adultos poderán participar nun obradoiro de baile tradicional galego. E tamén se organizarán eventos deportivos como a Pretorian Race e un rally de coches clásicos organizado polo club Clásic@s Sarria.

O domingo 4 de maio, Sarria renderá homenaxe a Portugal cunha sesión vermú de fados a cargo da cantante Iria Estévez.

ÚLTIMAS

Daniel Areán: “A última vez que contei as medallas tiña 203”

Falamos con Daniel Areán Grejs, un mozo da parroquia de San Mamede, no Concello...

Monforte licita por 280.000€ as melloras do pavimento da Avda de Galicia- Rúa Chantada e Rúa Vigo

Ambas actuacións están incluídas no plan de investimentos en infraestruturas viarias que anunciou o...

Olga Novo da man con Begoña Caamaño no Día das Letras en Quiroga, este 15 de maio

Baixo o título, “Begoña Caamaño, a muller que inventaba o mundo”, a escritora e...