Homesociedade"O encontro de Sober" analiza durante dous días a relación rural-industria

“O encontro de Sober” analiza durante dous días a relación rural-industria

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, participou este xoves na inauguración de O encontro de Sober. Diálogos rural-industria, organizado polo Centro de Estudos Superiores de Galicia (Cesuga), tamén asistiu o director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

No encontro destacábase que o 95% do territorio galego é rural, unha singularidade a preservar, avanzando ao mesto tempo cara un desenvolvemento sostible no plano económico, social e medioambiental. Insistíase na importancia do traballo conxunto entre todos os axentes implicados neste encontro -industria, Administración e mundo académico- para impulsar a competitividade e o crecemento deste eido.

A conselleira de medio rural destacou a potencia que supón o medio rural na economía da comunidade, configurando Galicia como referente en sectores como o leiteiro, o forestal, o vitivinícola ou a produción agroalimentaria certificada. Así, María José Gómez asegurou que o obxectivo do Goberno autonómico é “completar a cadea de valor” para que a riqueza destas materias primas quede en Galicia e salientou os avances realizados no sector lácteo, xa que actualmente a nosa comunidade transforma máis do 70 % do leite que se produce.

Asegurou tamén que Galicia ten a oportunidade de “crear o tecido industrial e un ecosistema de emprendemento” que demanda a sociedade actual: rendible, sustentable e moderno e incidiu en que o Goberno autonómico terá “a man tendida” para apoiar calquera proxecto que cumpra esas premisas.

Atracción de talento e pulo ao emprendemento no rural

Pola tarde o conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, presentou as liñas mestras do programa de atracción de talento impulsado pola Xunta, no marco da folla de ruta deseñada polo Executivo autonómico para facer fronte a retos estruturais como a cobertura de vacantes —especialmente en sectores estratéxicos—, a necesaria remuda xeracional ou o desafío demográfico, cuestións particularmente determinantes para asegurar o desenvolvemento sostible e o futuro das zonas rurais de Galicia.

Así, xunto co iniciativas destinadas ao mercado laboral interno, o conselleiro detallou as accións estratéxicas orientadas a facilitar o retorno prioritario da diáspora galega mediante ferramentas como o programa Retorna Cualifica Emprego —integrado na Estratexia Galicia Retorna—, que promove a inserción sociolaboral dos galegos e galegas do exterior que desexan regresar á súa terra. No referido aos traballadores de terceiros países, tamén se destacaron os novos acordos asinados con catro países hispanoamericanos, orientados a reforzar as garantías tanto para as persoas traballadoras como para o tecido empresarial galego.

O conselleiro salientou, ademais, a aposta polo emprendemento ligado ao territorio que promove a Xunta a través da Rede de polos de emprendemento —cinco deles situados na provincia de Lugo—, espazos que están a ser motores para a creación de novos proxectos, moitos liderados por persoas retornadas. Todo isto compleméntase co impulso ao comercio local mediante o Plan estratéxico do comercio de Galicia 2025-2030, elemento chave para favorecer a dinamización económica e contribuír á fixación de poboación no rural galego.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...