HomesociedadePantón inaugura 3 días de Mostra de Viños con carpa contra a...

Pantón inaugura 3 días de Mostra de Viños con carpa contra a chuvia

Esta tarde quedou inaugurada a XXX Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón, que como novidade incorpora este venres que se suma a unha fin de semana de propostas vinculadas co viño e a música.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A conselleira de Medio Rural, María José Gómez, participou no acto de inauguración no que salientou a excelencia dos produtos vitivinícolas galegos e o bo facer dos axentes do sector. Nesta edición, nove adegas das ribeiras de Pantón amparadas pola Denominación de Orixe Ribeira Sacra, participan para amosar a calidade dos seus viños: Alma das Donas, Casa Moreiras, Finca Míllara, Ciudaseis, Nogueiras, Capilla, Saíñas, Don Ventura e Corzoás. Por iso, a conselleira puxo en valor esta feira coa que se enxalza o labor dos viticultores nun enclave excepcional como é a Ribeira Sacra, un territorio marcado por este sector.

María José Gómez recalcou o apoio ao sector vitivinícola a través de diferentes axudas como son as de reestruturación e reconversión da viña en Galicia, convocadas no pasado mes de abril cun orzamento de 4 millóns de euros, as que financian accións de promoción en terceiros países ou as destinadas a apoiar a elaboración e comercialización de produtos vitivinícolas.

A titular de Medio Rural destacou os esforzos do Executivo autonómico por fomentar a calidade dos produtos agralimentarios, así como a aposta pola súa promoción nos mercados. Neste sentido, o investimento en promoción para a mellora do posicionamento destas elaboracións materialízase a través do Plan Saborea Calidade Diferenciada, ao que se destinan máis de 8 millóns de euros para financiar este tipo de actuacións e as achegas dos consellos reguladores.

Programación da mostra

A xornada deste venres complétase coa actuación da charanga Louband e Tukupá Batukada. Ás 00:30h actuará o grupo musical, Bafana Bafana

Sábado, 10 de maio:

  • 12:00h Experiencia sensorial, “Cata Pantón, as tres ribeiras”, dirixida polo enólogo, David Pascual, en colaboración con Vinosacra
  • 13:30h. Brinde Día Movemento Viño D.O. no campo da feira, brinde simultáneo en todas as D.O. de España.
  • 14:30h. VIII Festa da Empanada no recinto do Castro.
  • 23:00h. Música a cargo da Orquestra Galilea

Domingo, 11 de maio

  • 12:00 Recepción de autoridades no recinto feiral
  • 13:00 Pregón da XXX Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón a cargo de Don Marcial Mouzo Vidal, comunicador da TVG e da RTVG
  • 19:00 Actuación da orquestra Gran Parada

As catas e experiencias sensoriais relacionadas con viños de Pantón son outro punto forte desta edición onde a música terán tamén un protagonismo especial. Para facilitar a participación da xente haberá servizo de autobús con Monforte e Escairón, un servizo cada vez máis demandado do que próximamente se darán a coñecer os horarios

ÚLTIMAS

Todo listo para o VII Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte

A conta atrás para a sétima edición do 'Festival do Viño da Ribeira Sacra...

As comarcas de Lemos e Quiroga fan que diminúa o paro na zona sur da provincia en xuño

Por comarcas, as de Lemos e Quiroga foron as que tiveron un mellor comportamento,...

O PP pide no Congreso acceso aos expedientes dos contratos na liña ferroviaria Monforte-Lugo que aparecen nos informes da UCO

O deputado monfortino no Congreso dos Deputados, Francisco Conde, e a deputada autonómica...

O BNG demanda a Transportes melloras na N-120A ao seu paso por Pantón

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, sinala a urxencia dos traballos de...