HomesociedadeChantada habilita co obradoiro de emprego unha nova área recreativa e deportiva...

Chantada habilita co obradoiro de emprego unha nova área recreativa e deportiva no barrio de Marín

O obradoiro dual de emprego Serra do Faro IX, que promove o concello de Chantada en colaboración cos concellos de Carballedo e Taboada, segue desenvolvendo importantes actuacións no municipio de Chantada, neste caso a través do módulo de xardinaría, que traballa na actualidade na creación dunha área recreativa e deportiva no barrio de Marín.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Neste espazo, localizado na parte traseira do colexio e do instituto, o concello contaba con varias parcelas e vén de adquirir outras dúas para completar unha superficie de 4500 m2. “Traballamos na posta en marcha desta nova zona verde para que cando levemos a cabo a continuación do paseo coa Confederación, poder conectar con esta zona e ter aquí un espazo para o descanso. Os colexios tamén terán así cerca un lugar de esparexemento para organizar actividades ao aire libre”, asegura o alcalde, Manuel Lorenzo Varela.

Primeiro acondicionouse a zona limpándoa de silveiras e retirando escombros e árbores caídas. Na actualidade estanse facendo os sendeiros, replantaranse árbores e plantarase céspede para despois instalar distinto mobiliario urbano e crear zonas de merendeiros e dotacións de equipamento deportivo para gozar da zona. Para o remate instalarase unha valla perimetral e crearanse espazos de aparcamentos.

Nesta edición o módulo de xardinaría estivo tamén acondicionando o paseo fluvial do río Asma coa retirada de árbores secas e reposición de especies para manter este pulmón verde.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...