HomesociedadeA Piscina Climatizada Municipal de Chantada faise máis accesible

A Piscina Climatizada Municipal de Chantada faise máis accesible

As obras teñen un orzamento de 31.000€ financiados na súa totalidade pola administración local e permitirán que dúas persoas con mobilidade reducida poidan utilizar as instalacións simultáneamente.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Piscina Municipal de Chantada poñíase en funcionamento en decembro do 2002. As instalacións contan cun vaso estándar de 25×12.5 m con 6 carriles, gradas con capacidade para 150 espectadores, ximnasio multiusos e ximnasio de musculación, dous vestiarios con saunas e sala de enfermaría, entre outras dotacións.

As instalacións, que teñen unha media de 200 usuarias/os ao día, veñen de mellorar a súa accesibilidade. Por unha banda modificouse a entrada con portas de acceso de medidas adaptadas para persoas con limitacións de mobilidade e creouse un novo vestiario moi amplo con baño e ducha para que estas persoas poidan estar acompañadas se necesitan axuda.

Con estas actuacións habilitouse tamén diante da piscina un estacionamento adaptado e durante o verán, cando os vasos se baleiren, instalarase un elevador. “Trátase dunha grúa que facilitará o acceso das persoas con falta de mobilidade, tanto para entrar como para saír da auga. Hai persoas en Chantada que necesitan deste tipo de servizo e queremos que saiban que o Concello materializa así a mellora da accesibilidade para que estas persoas tamén poidan disfrutar destas instalacións”, explica o rexedor local, Manuel Lorenzo Varela.

A Piscina Municipal de Chantada conta tamén con bar e terraza. O Concello de Chantada vén de adxudicar o servizo e en maio comezou a funcionar.

ÚLTIMAS

Nacen as “Papeiras”, galletas elaboradas no obrador das ‘Xianas’ de Taboada

Dos creadores das Galletas Xianas de Taboada, xorden agora as galletas “Papeiras”. Unha aposta...

Monforte destina 30.000€ para axudas ao emprendemento e á creación de empresas

As solicitudes poderán presentarse no Rexistro Xeral do Concello ou por calquera dos medios...

Punto limpo móbil para eventos en Sober

O novo punto móbil para eventos, é un dispositivo adaptado de xeito específico para...

Este 25 de setembro preséntanse na Casa da Cultura de Quiroga os resultados de ‘Tecendo Memorias’

Tecendo Memorias naceu coa intención de recuperar, a través da reminiscencia, a memoria das...