HomesociedadeUn novo éxito para a edición de 2025 de 'Marida Maio'

Un novo éxito para a edición de 2025 de ‘Marida Maio’

As tres xornadas celebradas este mes de maio (15, 22 e 29) acadaron un cheo absoluto de prazas dispoñibles. A iniciativa, impulsada pola delegación sur da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl), puxo en valor a gastronomía, o turismo e o lecer da Ribeira Sacra.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As xornadas enogastroturísticas da Ribeira Sacra, coñecidas como Marida Maio, celebraron este pasado xoves 29 de maio a súa última sesión. A iniciativa, impulsada pola delegación sur da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl), reuniu a máis de 40 asistentes, despois de ampliar novamente o aforo inicial do Centro do Viño da Ribeira Sacra, en Monforte de Lemos. Ademais da participación do público local, as sesións contaron coa asistencia de persoas procedentes de distintos puntos de Galicia.

Durante o encontro, os asistentes puideron gozar dunha coidada selección de propostas gastronómicas e enolóxicas ofrecidas por empresas da comarca. Este pasado xoves participaron a Parrillada O Casar, o restaurante Berso, as adegas Proencia e Val do Frade, e a firma de lecer Novas Rutas RS. A música en directo do solista Richard amenizou a cita.

O Concello de Monforte de Lemos e o Centro do Viño da Ribeira Sacra colaboraron nesta iniciativa, patrocinada pola Deputación de Lugo.

ÚLTIMAS

Monforte comeza este 4 de novembro a mellora de varios parques infantís

O Concello de Monforte inicia actuacións destinadas á mellora, conservación e renovación de varias...

Quiroga celebra o San Martiño do 6 ao 11 de novembro

O venres día 6 de novembro, ás sete da tarde, a Casa da Cultura...

Espertamonforte: “Cun Consello Escolar Municipal, o problema das traballadoras da limpeza dos colexios atallaríase moito antes”

Para Espertamonforte, o mellor exemplo da utilidade dun Consello Escolar Municipal é a situación...

Villares e o alcalde do Saviñao avalían proxectos conxuntos para melloras municipais

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Alfonso Villares, mantivo este luns un...