HomesociedadeO 6 de xuño remata o prazo para inscribirse no Servizo Madrugadores...

O 6 de xuño remata o prazo para inscribirse no Servizo Madrugadores de Chantada

O servizo presta atención á cativada en horario de 7:30h ata a hora de entrada nos colexios, que no caso do CEIP Plurilingüe Xoán de Requeixo son as 9:30h e no CEIP Eloísa Rivadulla son as 8:55h.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Chantada ten aberto prazo de inscrición ata o 6 de xuño para participar no Servizo Madrugadores no vindeiro curso 25-26. As inscricións poden facerse na casa consistorial en horario de 9:00h a 14:00h.

Hai 3 anos, o Concello de Chantada comezaba co Servizo de Madrugadores, que daquela se desenvolveu desde febreiro ata finais de curso, a modo de proba, coa participación dunha vintena de rapaces/as. Os dous anos seguintes xa se fixo o curso completo coa participación de case unha trintena de nenos en cada edición, o que demostra o éxito da actividade cunha tendencia progresiva á alza

“Abrimos agora inscricións para poder ter unha previsión de cantas familias demandan o servizo e que ningún neno/a se quede sen el. Ofrecemos a opción de acudir todos os días ou en días soltos. O noso obxectivo é facilitar a conciliación e que cada familia poida escoller a opción que máis lle conveña”, explica o alcalde do Concello de Chantada, Manuel Lorenzo Varela.

No caso das familias que utilizan o Servizo Madrugadores por primeira vez deben de aportar a seguinte documentación (para quen renova matrícula non é necesario aportar esta información):

  • Fotocopia de DNI, NIE ou similar da nai, pai ou persoa que exerza a tutela.
  • Fotocopia do libro de familia, resolución de acollemento ou equivalente.
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria ou documento equivalente da crianza.
  • Certificado médico do/a neno/a, informando de alerxias, enfermedades que poidan incidir na prestación do servizo.
  • De ser preciso, documentos que acrediten o dereito a bonificacións ou exencións.
  • Certificado bancario do número de conta.

ÚLTIMAS

Nacen as “Papeiras”, galletas elaboradas no obrador das ‘Xianas’ de Taboada

Dos creadores das Galletas Xianas de Taboada, xorden agora as galletas “Papeiras”. Unha aposta...

Monforte destina 30.000€ para axudas ao emprendemento e á creación de empresas

As solicitudes poderán presentarse no Rexistro Xeral do Concello ou por calquera dos medios...

Punto limpo móbil para eventos en Sober

O novo punto móbil para eventos, é un dispositivo adaptado de xeito específico para...

Este 25 de setembro preséntanse na Casa da Cultura de Quiroga os resultados de ‘Tecendo Memorias’

Tecendo Memorias naceu coa intención de recuperar, a través da reminiscencia, a memoria das...