HomesociedadeChantada acolleu unha xornada sobre pastoreo extensivo

Chantada acolleu unha xornada sobre pastoreo extensivo

Este xoves desenvolveuse en Chantada unha Xornada sobre boas prácticas de pastoreo extensivo aplicable a ecorreximes en Galicia. A actividade encadrábase nas accións da Red PAC.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A xornada contou coa intervención de gandeiras e gandeiros, investigadoras e persoal técnico de distintas administracións, que achegaron a súa experiencia e visión sobre prácticas vinculadas ao ecorrexime de pastoreo en extensivo en pastos húmidos.

Na súa intervención o vicepresidente da Deputación de Lugo, Efrén Castro, subliñou a importancia “da gandería extensiva e o incalculable valor desta actividade nos nosas zonas de interior e de montaña, tanto dende un punto de vista de xestión territorial, dinamización económica e social e fundamentalmente preventiva dos lumes forestais e de conservación da biodiversidade animal e vexetal”.

O vicepresidente da Deputación lembrou o soporte económico e de asesoramento que a área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo ofrece a estas gandarías a través do programa de fomento do silvopastoreo “O que non arde” ou das convocatorias de apoio á recría de razas autóctonas. “Estes programas supoñen un complemento para moitas gandarías que están a realizar un traballo de xestión de territorio e de produción de alimentos en moitos casos non compensados polas axudas directas da PAC”. Nesa liña, o responsable provincial defendeu a necesidade de avanzar na inclusión das singularidades propias do sector agrario galego nos criterios da PAC.

As exposicións completáronse pola tarde coa visita á Casa da Fonte de Pantón, unha das 45 gandarías integradas no programa Da Escola á Granxa

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...