HomesociedadeDescende a taxa de criminalidade en Sarria que se prepara para celebrar...

Descende a taxa de criminalidade en Sarria que se prepara para celebrar o San Xoán

A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, presidiu esta semana a Xunta Local de Seguridade de Sarria, acompañada polo alcalde, Claudio Garrido, para coordinar o dispositivo especial das festas de San Xoán, que se celebrarán entre o 20 e o 24 de xuño.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A subdelegada apelou á responsabilidade cidadá durante estas datas e agradeceu o compromiso e a colaboración das forzas e corpos de seguridade na protección da veciñanza e no mantemento da orde pública.

No transcurso da reunión fíxose tamén un repaso á evolución da seguridade cidadá no municipio, onde a taxa de criminalidade descendeu máis dun punto no último ano, pasando do 28,89 % en 2023 ao 27,04 % en 2024. A subdelegada destacou este dato como “positivo e indicativo do bo traballo que está a realizar a Garda Civil no territorio”, aínda que advertiu que “non se pode baixar a garda, especialmente en casos sensibles como a violencia de xénero”.

Na Xunta tamén se abordaron os resultados dos plans operativos da Secretaría de Estado de Seguridade. No marco do Plan Director para a Convivencia e Mellora da Seguridade nos Centros Educativos, a Garda Civil impartiu 34 conferencias no curso 2024/2025, case o dobre que no curso anterior. Estas charlas abrangueron temas como o acoso escolar e ciberacoso (11 sesións), uso seguro de Internet (7), adicións con e sen substancia (10), violencia de xénero (4), prevención de delitos sexuais (1) e seguridade viaria (1). Tamén se desenvolveu unha sesión do Plan Maior de Seguridade dirixida a persoas maiores, celebrada o pasado 27 de febreiro na Casa da Cultura.

A subdelegada agradeceu o traballo coordinado da Garda Civil, subsector de Tráfico, Policía Autonómica, da Policía Local e do propio Concello de Sarria para garantir a seguridade da cidadanía e reforzar a prevención, tanto durante as festas como no día a día.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...