HomesociedadeA 15ª etapa de 'La Vuelta' será o vindeiro 7 de setembro...

A 15ª etapa de ‘La Vuelta’ será o vindeiro 7 de setembro e terá como meta Monforte de Lemos

A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo vén de aprobar a adxudicación do contrato de patrocinio coa empresa organizadora, Unipublic, o que suporá un desembolso económico de 100.000 euros.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo vén de aprobar a adxudicación do contrato de patrocinio con La Vuelta a España 2025, co que a institución provincial reforzará con 100.000 € o desenvolvemento da etapa 15 que terá ás comarcas da Montaña e da Ribeira Sacra como protagonistas.

A etapa cun perfil de media montaña, contará cun percorrido total de 167 quilómetros e pasará por destacados puntos de montaña nos concellos da Fonsagrada, Castroverde, Láncara e Sarria, ata chegar a meta que terá como sede o Concello de Monforte de Lemos, na capitalidade da Ribeira Sacra.

A colaboración formalizarase coa empresa organizadora, Unipublic, estimando dende o entorno desta compañía que o retorno económico deste patrocinio para a provincia é de máis de 3 millóns de euros, “o que significa que cada euro que inviste a Deputación xerará 36,47 €” refiren dende a institución provincial. O cálculo basease na presenza en medios impresos, televisións nacionais e internacionais, sitios webs e redes sociais.

“La Vuelta é unha plataforma de proxección mundial difícil de alcanzar por outros medios. Falamos dun evento na elite do ciclismo mundial, á altura do Giro de Italia e o Tour de Francia, e que é seguido por máis de 17 millóns de espectadores en máis de 190 países”, comentou a voceira Socialista do Goberno, Pilar García Porto, xustificando a estratexia da Deputación de Lugo de impulsar o desenvolvemento social, económico e turístico da provincia.

García Porto engadía tamén que, alén do impacto turístico e económico a medio prazo, a organización dun evento desta envergadura mobiliza unhas 3.000 persoas, e xera 600 empregos directos e 2.000 indirectos “o que contribúe directamente a incrementar a actividade na hostalaría, o turismo e o comercio local”.

ÚLTIMAS

Este 20 de abril celébrase a imposición das Medallas do Concello de Monforte aos policías locais Eusebio Cuesta, a título póstumo, e Francisco Cao

A imposición de Medallas pon fin ao procedemento de Símbolos e Distincións recollido na...

Vicepresidencia recupera os restos da antiga torre do Pazo de Tor en Monforte

O proxecto pretende poñer en valor este elemento construtivo, contiguo ao muro de peche...

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...