Homesociedade640 persoas participaron das actividades do Plan Activa Monforte

640 persoas participaron das actividades do Plan Activa Monforte

O Concello de Monforte vén de clausurar unha nova edición do Programa Activa. 641 persoas entre o centro cívico da cidade e as parroquias participaron das distintas propostas que se deselnvolverons ó longo de 8 meses.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Co Plan Activa, destinado sobre todo a maiores de 55 anos, preténdese favorecer o envellecemento activo e mellorar a calidade de vida, fomentando as relacións e os intercambios interxeracionais, así como a aprendizaxe de novos coñecementos.

Das novas actividades propostas foron as de taichi e cerámica as que tiveron unha acollida excelente, de tal xeito que as persoas participantes nestas modalidades, solicitaron a súa continuidade. Todas as actividades do Plan son gratuítas.

Para coñecer a valoración dos usuarios do Programa, dende o Concello realizouse unha enquisa de satisfacción na que participaron 332 persoas, obtendo uns resultados excepcionais:

  • Grao valoración de actividade: excelente/axeitado para o 98%.
  • Grao de valoración de monitor: excelente/axeitado para o 99%.

Así mesmo, os participantes manifestaron sentirse máis activos, e valoraron en positivo o compañeirismo, o coñecer a persoas, o influxo positivo no seu estado de ánimo…

O Alcalde convidou ás asistentes a apuntarse á seguinte edición do programa e felicitou á Coordinadora de Servizos Sociais e a todo o Grupo de Traballo, por estas valoracións tan positivas. 

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...