HomesociedadeOs Concellos de Chantada e Carballedo xestionan a pronta implantación do servizo...

Os Concellos de Chantada e Carballedo xestionan a pronta implantación do servizo de HADO

O Concello de Chantada acolleu esta semana unha nova mesa de traballo para abordar a ampliación do servizo de hospitalización a domicilio (HADO) do Hospital Comarcal de Monforte.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Participaron do encontro o Conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez, o xerente da área sanitaria, Ramón Ares, o alcalde do Concello de Chantada, Manuel Lorenzo Varela, o alcalde do Concello de Carballedo, Julio Yebra Pimentel, e as concelleiras destas áreas nos dous concellos.

A HADO presta atención sanitaria a domicilio, posibilitando que os ingresos hospitalarios diminúan a súa duración e que o paciente poida terminar de recuperarse na comodidade da súa casa. Desde o 2016 o Hospital de Monforte dispón deste servizo, que é atendido por unha médica e tres enfermeiras, chegando aos concellos de Monforte de Lemos, Bóveda, Pantón, O Saviñao, Sober e A Pobra do Brollón. Ata agora non entraban na área de cobertura da HADO, os concellos de Chantada e Carballedo.

O alcalde de Chantada, Manuel Lorenzo Varela, destaca o traballo que se leva desenvolto para acabar cunha situación que perxudica aos concellos de Chantada e Carballedo e agradece a boa disposición amosada pola Xunta, “Levamos tempo traballando nisto e coincidimos na necesidade de implantar a HADO nos concellos de Chantada e Carballedo. No baremo distancia-tempo quedabamos fóra da zona de cobertura do Hospital de Monforte, pero estamos en boa sintonía coa Consellería para poder ampliar o servizo. Agora hai que solucionar un dos principais problemas que é a falta de medios humanos, téntase facelo no menor tempo posible”.

ÚLTIMAS

A Pobra do Brollón acolle un concerto que reivindica poetas vinculadas á montaña lucense

O cuarteto vocal Son de Corda volve á Pobra do Brollón cunha nova proposta,...

Obradoiro contra a desinformación en Taboada

Esta actividade de alfabetización mediática será impartida por Selina Otero Verdes, licenciada en xornalismo...

En outubro aumentou en 110 o número de parados no centro-sur da provincia

Paro comarca de Sarria no mes de outubro 751 (+35): O Incio 32 (-1) Láncara 73...

O BNG de Monforte reclama transparencia no proceso selectivo da Policía Local

Os nacionalistas aseguran que as informacións publicadas sobre os resultados da primeira proba, na...