HomesociedadePremio 'Best in Show' para 'La Capona Amandi 2019' da Adega Don Bernardino

Premio ‘Best in Show’ para ‘La Capona Amandi 2019’ da Adega Don Bernardino

"É probable que se elaborara con máis suor, esforzo e músculo que calquera outro viño da nosa selección Best in Show", sinalaban os xuíces dos premios 'Decanter World Wine Awards'.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

“La Capona 2019” vén de ser avaliada nos premios ‘Decanter World Wine Awards’ como “Best in Show” entre os 50 mellores viños do mundo e os 5 a nivel nacional. “É un novo proxecto no que vimos traballando hai uns anos, a leira só produce 1.000 botellas. É o cubito de xeo en Amandi” comentan Alba Fernández Cid e Diego Rodríguez.

Os premios Decanter World Wine Awards son o maior concurso de viños do mundo e con maior influencia. Os expertos máis prestixiosos do mundo, entre os que se atopan Sara Jane Evans, Michael Hill, Ronan Sayburn, Beeth Willard e Andrew Jefford, encabezaron o xurado, composto por 250 membros. Estes galardóns gozan de confianza internacional polo seu rigoroso proceso de avaliación mediante cata a cegas.

Na súa 22ª edición tomaron parte neste proceso 72 Masters of Wine e 22 Master Sommeliers. Foi a maior cantidade de MW e MS na historia do concurso e completaron o panel recoñecidos críticos, xornalistas, catadores galardoados e compradores de viño que avaliaron 21.244 viños que chegaban de 57 paises en modalidade de cata a cegas.

Decanter, nacida no 1975, é unha marca líder dos medios de comunicación do viño no mundo, cun alcance mensual total superior aos 2 millóns a través das súas canles impresas, dixitais e sociais. Ocupa un lugar único no mercado mundial do viño, con catas acreditadas e colaboradores expertos altamente cualificados que a converten nunha lectura obrigada, tanto en liña como na súa revista impresa mensual de alta calidade.

La Capona 2019. Foto: Bodega Don Bernardino.

25ª EDICIÓN DOS DECANTER WOD WINE AWARDS

Nesta edición de 2025 outorgáronse 50 medallas ‘Best in Show’, que representan tan só o 0.30 % de todos os viños catados, xunto con 137 medallas de Platino e 732 de Ouro.

España segue en ascenso, pois acadou a notable cifra de 105 medallas de primeiro nivel, incluíndo cinco Best in Show, 16 Platino e 84 Ouros.

VARIAS XERACIONS E MOITOS ANOS DE TRABALLO DETRÁS

Para Don Bernardino, adega de Sober en plena Ribeira Sacra, é o premio a moitos anos de traballo co obxectivo de situar os viños de Amandi no pódium dos mellores viños do mundo. Emilio Rodríguez comezou hai 13 anos a elaborar o primeiro viño de parcela na Ribeira Sacra, Leira Mezquita 2012. Isto supuxo un antes e un despois para a adega. Diego Rodríguez, 5ª xeración da adega, comenta: “o meu avó Bernardino estaría orgulloso de ver todos os avances que se están producindo en Amandi”.





ÚLTIMAS

Concentracións no Centro de Saúde de Monforte polas agresións verbais ao persoal

Co lema “Coida a quen te coida. Stop agresións”, demandan rematar coa violencia verbal...

Xornadas de Tecnoloxía no IES Daviña Rey de Monforte

O IES Daviña Rey acolle unha nova edición das Xornadas de Tecnoloxía, evento que...

7 establecementos participan no Concurso de Tapas de Taboada que se celebra os días 13 e 14 de marzo

O concurso terá lugar os días 13 (venres) e 14 (sábado) de marzo con...

Paulino Fierro Cadórniga: “O regreso desde a India non foi sinxelo, de súpeto había unha guerra entre eu e o meu fogar”

O que nos levan demostrado as guerras é que son imprevisibles, están fóra de...