HomePolíticaO BNG de Monforte celebra o Orgullo nun espazo de reflexión no...

O BNG de Monforte celebra o Orgullo nun espazo de reflexión no Malecón

O BNG de Monforte organizou a pasada semana no Paseo do Malecón a charla-obradoiro "Coñecer para defender: LGTBIQA+, dereitos e saúde mental", unha actividade gratuíta e aberta a toda a veciñanza que contou cunha ampla participación e "xerou un espazo seguro de diálogo, reflexión e aprendizaxe colectiva", sinalan.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O evento, no marco da celebración do Orgullo, reuniu a unhas 30 persoas na zona arborada do Malecón para abordar, desde a psicoloxía e o dereito, as vivencias e retos que afronta o colectivo LGTBIQA+. As poñentes, Diana Buceta, avogada especializada en dereitos fundamentais e Cristina Vieco, psicóloga xeral sanitaria, abordaron cuestións como:

  • A diversidade afectiva, sexual e de xénero.
  • Ferramentas legais e recursos de apoio.
  • O autocoidado e a saúde emocional como dereito.
  • A importancia de crear espazos seguros e libres de odio.

Ademais da formación e o debate, o acto serviu tamén como punto de encontro para tecer redes. Comezaron a xurdir conversas arredor da creación dunha asociación LGTBIQA+ en Monforte, así como da posibilidade de impulsar iniciativas no pleno municipal para garantir atención integral dende os servizos sociais e visibilidade real do colectivo na vida pública da cidade.

Desde o BNG de Monforte agradece a partiticipación e o compromiso, sensibilidade e rigor das relatoras, “Continuaremos a traballar para facer de Monforte un espazo diverso, inclusivo e libre de violencias. A igualdade non se celebra un só día, constrúese todos os días, desde o coñecemento, o apoio mutuo e o coidado colectivo”, conclúen.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...