HomesociedadeTaboada busca cartel para a Festa do Caldo de Ósos 2019

Taboada busca cartel para a Festa do Caldo de Ósos 2019

O concello convoca un concurso para obter a imaxe gráfica que anuncie a vixésimo oitava edición desta festa gastronómica.

Publicado o

- Advertisement -

A celebración será os días 2 e 3 de marzo e o prazo que teñen aqueles que queiran participar no concurso de carteis remata o día 23. A primeira norma das bases xa varre para a casa pois a condición para poder participar, de forma individual ou colectiva, é que o artista ou artistas gráficos estean vinculados á vila de Taboada.

Como é lóxico a obra debe centrarse no tema da festa que se quere anunciar, debe ser orixinal e inédita, desentendéndose o organizador de posibles casos de plaxios que se puidesen dar.

En canto á técnica esta será libre e os traballos poden realizarse en soporte físico ou dixital, tamaño A3 mínimo e en formato vertical. Pídese que a obra se monte sobre soporte ríxido de 60 cms de alto e 40 cms de ancho para poder expoñela e que sempre teña unha versión dixital para os usos que precise dela o concello.

Como noutras presentacións a concursos deste tipo o autor xunto coa súa creación ten que acompañar un sobre pechado cos seus datos e un título e lema para identificar a obra. O prazo remata o 23 de xaneiro e os traballos entregaranse no Rexistro de entrada do Concello de Taboada.

O gañador ou gañadora terá un premio consistente en 300 euros e un agasallo e os dereitos de explotación da obra cederanse ao concello.

O xurado que valorará as creacións e propoñerá á obra gañadora está constituído por 8 persoas, 2 membros do Concello de Taboada e 6 de asociacións culturais da vila. Estas entidades son a Asociación de Empresarios e Comerciantes de Taboada, a Asociación Cultural O Carballo, a Asociación de Baile e Gaitas Os D’Eiquí, O Marrau Enxebre, Os Rechouchíos e a Asociación de Xubilados de Taboada.

Para información máis detallada sobre as bases de participación no concurso pódense consultar na web ou na páxina de facebook do Concello de Taboada.

 

ÚLTIMAS

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...

Propostas para mellorar o enoturismo na Ribeira Sacra: redistribución de actividades, ferramentas dixitais e formación do sector

O traballo, Propostas de acción para o enoturismo en Galicia e Rexión Norte de...