HomesociedadeO 7 de agosto as centenarias adegas de Vilachá abren as súas...

O 7 de agosto as centenarias adegas de Vilachá abren as súas portas

A adega Val do Frade, da D.O. Ribeira Sacra subzona de Quiroga Bibei no concello da Pobra do Brollón, promove un ano máis a apertura das centenarias adegas de Vilachá de Salvadur.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O xoves, 7 de agosto, as adegas centenarias de Vilachá volven abrir as súas portas. Un acto que reunirá a sete adegas, que ademais de abrir as súas portas para ofrecer o seu viño, organizan distintas actividades, contarán con música en directo e diferentes propostas gastronómicas.

“O obxectivo desta proposta é dar un empuxón a adegas pequenas dentro da D.O. Ribeira Sacra que teñen un mínimo de produción e ser un escaparate para todas elas”, explica Puri Díaz da Adega Val do Frade, que convida a todo o mundo a participar dun día diferente, neste lugar tan característico.

O acto de presentación será as 12:00h á entrada da zona de adegas contando con diversas autoridades. As adegas abrirán en horario de 13.00h a 23:00h.

ÚLTIMAS

Obradoiro contra a desinformación en Taboada

Esta actividade de alfabetización mediática será impartida por Selina Otero Verdes, licenciada en xornalismo...

En outubro aumentou en 110 o número de parados no centro-sur da provincia

Paro comarca de Sarria no mes de outubro 751 (+35): O Incio 32 (-1) Láncara 73...

O BNG de Monforte reclama transparencia no proceso selectivo da Policía Local

Os nacionalistas aseguran que as informacións publicadas sobre os resultados da primeira proba, na...

“Os dous de sempre”, do dúo Mofa & Befa, este 5 de novembro no Multiusos de Monforte

A función enmárcase na programación cultural impulsada polo Concello de Monforte a través da...