HomesociedadeA Mostra do Mel de Quiroga celebrarase o 10 de agosto con...

A Mostra do Mel de Quiroga celebrarase o 10 de agosto con 8 apicultores

O  Concello de Quiroga  dará a coñecer unha vez máis a magnífica calidade do mel que se produce no municipio. Farao o domingo 10 de agosto cunha mostra que chega a súa trixésimo cuarta edición. A Mostra do Mel de Quiroga coincide coa feira de mercado máis multitudinaria de todo o ano.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Serán 8 os apicultores que este ano presenten o mel dende puntos tan distantes no municipio como Montefurado, Outeiro ou Paradapiñol, deixando claro porque este produto comparte en Quiroga un lugar destacado, xunto co viño e o aceite.

Estes apicultores teñen as súas colmeas en diferentes puntos do municipio polo que o mel que producen tamén é moi distinto. As colmeas situadas nas zonas máis altas do municipio producen mel co predominio do castiñeiro, mentres que os situados nas zonas do val dan mel de brezo, planta moi abondosa e da que Quiroga recibe o seu nome (queiruga); nas zonas intermedias as abellas recollen o pole de castiñeiros e queirugas que xuntan con moitas outras flores dando un mel multifloral, grazas a gran variedade na flora deste territorio  onde  conflúen  vexetación  atlántica e mediterránea. Tres variedades con matices diferentes en canto a cor, textura e sabor pero coa mesma calidade.

O recinto feiral para a venda de mel e outros produtos apícolas como xelea real, pole ou própole, abrirase ás 11:00h na rúa Real, nas inmediacións da casa consistorial. Durante a mañá desta xornada non faltará a música adicada ao mel. O grupo de gaitas local O Recanto encargarase de facer unha alborada e ás 13:00h o grupo NoAllKansas, animará a sesión vermú cos éxitos máis emblemáticos das décadas dos 70, 80 e 90 cun toque moderno.

ÚLTIMAS

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...