HomesociedadeO Encontro de Verán da asociación de médicos galegos celébrase este 1...

O Encontro de Verán da asociación de médicos galegos celébrase este 1 de agosto en Monforte

O Encontro de Verán de Asomega consolidouse como unha cita emblemática dentro do calendario da Asociación de Médicos Galegos, un espazo de reencontro, reflexión e celebración que cada ano reúne a profesionais comprometidos con Galicia e a súa sanidade. Nesta edición de 2025, a cita ten como escenario Monforte de Lemos

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O evento que se desenvolverá no Parador de Turismo de Monforte desde as 12:00h estrutúrase en dúas partes: unha mesa coloquio centrada na lonxevidade e a ruralidade, na que expertos abordarán os desafíos e oportunidades de vivir e exercer no medio rural galego; e por outro, o acto de entrega da IV Bolsa de Medicina Rural Asomega-SEMG.

Na mesa coloquio intervirán: Ramón Ares, xerente del área sanitaria de Lugo, Cristina Margusino, vicepresidenta de Ourensividad, Pilar Rodríguez Ledo, presidenta de SEMG, Albert Foo, presidente de SEMG Galicia e José López Castro, Medicina Interna del Hospital de Monforte.

A entrega da IV Beca de Medicina Rural Asomega-SEMG estará presidida polo presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices, e o alcalde de Monforte, José Tomé Roca. Intervirán tamén: Julio Ancochea, presidente de Asomega., Antonio Gómez Caamaño, conselleiro de Sanidade de la Xunta de Galicia e Alberto Cipolla, director general de Menarini España.

Asomega é unha asociación sen ánimo de lucro cuxo propósito é aglutinar aos profesionais da saúde de orixe galega ou que teñan lazos especiais con esta terra. O seu obxectivo é incentivar o contacto humano e profesional coas universidades galegas, impulsar a formación dos seus socios, celebrar reunións científicas e fomentar a difusión do coñecemento científico baseado na evidencia.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...