HomesociedadeO Incio adhírese ao programa Xantar na Casa

O Incio adhírese ao programa Xantar na Casa

Inicialmente oito persoas poderán beneficiarse desta iniciativa, que ofrece unha dieta saudable e equilibrada durante toda a semana

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, asinou co alcalde do Incio, Héctor Corujo, o convenio de adhesión deste municipio ao programa Xantar na Casa, que garante unha alimentación saudable, equilibrada e adaptada ás necesidades de persoas maiores que viven soas, con dependencia oeu en risco de exclusión social.

Inicialmente, oito veciños da localidade poderán beneficiarse deste programa, que contará con máis prazas nun futuro en función da demanda que exista. O xerente do Consorcio explicou que son os servizos sociais municipais os que se encargan de seleccionar aos beneficiarios do servizo, que reciben no seus fogares o menú para os sete días das semana, festivos incluídos.

O prezo de cada menú é de 7,32 euros. No seu financiamento participa a Xunta, que achega 3,42 euros; o concello, que asume 1,95 euros e a persoa beneficiaria, que abona tamén 1,95 euros. A comida repártese nos domicilios nunha única entrega, polo que os destinatarias teñen que quentala antes de consumila. Ademais, o programa facilita neveira e microondas no caso de que os fogares dos beneficiarios non dispoñan deles. Na actualidade, o Xantar na Casa chega a máis de 2.500 persoas e a 200 concellos de toda Galicia, repartíndose máis de 17.000 menús semanais.

ÚLTIMAS

O CCU de Monforte convoca eleccións para o 26 de novembro

O Centro Comercial Urbano (CCU) de Monforte convoca para o próximo 26 de novembro...

A Plataforma Pola Sanidade Pública do Saviñao concéntrase contra os recortes do Sergas

O centro de saúde de Escairón conta nestes momentos cunha médica fixa de xeito...

Monforte adxudica as obras de mellora dos accesos ao núcleo de Souto, en Guntín

A Xunta de Goberno Local deu luz verde ao proxecto técnico e a adxudicación...

Ribeira Sacra e Mariña, os destinos máis demandados no programa ‘Coñece a túa provincia’

O programa Coñece a túa provincia, que impulsou a Deputación de Lugo hai seis...