Homesociedade11 e 12 de agosto de Viño de Amandi e Rosca de...

11 e 12 de agosto de Viño de Amandi e Rosca de Sober

O Concello de Sober dá a coñecer a programación da XXVIII Feira da Rosca, Mel e outros Produtos da Ribeira Sacra e o VII Túnel do Viño de Amandi, que se van celebrar o luns 11 e o martes 12 de agosto.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O martes, 12 de agosto, celebrarase a Feira da Rosca. Os postos abrirán ás 10:00 horas para ofrecer os produtos típicos desta celebración, entre eles a rosca e o mel. Ás 11:00 horas haberá unha demostración de talla con motoserra a cargo de Eugenio Linares.

De 11:00 a 13:00 horas desenvolveranse o obradoiro de feltro para todos os públicos de Ovella Viva. Á mesma hora dará comezo un obradoiro de cestaría en vivo a cargo do CENTRAD da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

Ás 12:00 horas actuará o grupo de música tradicional Os Valouros no marco do programa Tradigalu da Vicepresidencia da Deputación de Lugo. E ás 13:00 horas as persoas que o desexen poderán participar na degustación gratuíta de 2.000 racións de rosca con queixo por cortesía do Concello de Sober, e coa colaboración de Queserías Prado.

A Axencia Galega da Calidade Alimentaria (AGACAL) vai ofrecer na tarde do día 11 unha experiencia gastronómica gratuíta con produtos galegos 100% na Praza do Concello. O cociñeiro, José Manuel Mallón, vai preparar 500 tapas de tres variedades diferentes compostas por empanada de pemento do Couto con San Simón da Costa, Tosta de pan galego con tenreira galega e mostaza de grelos e, como sobremesa, crema de tarta de queixo Irmáns de Leite, mel de Galicia e Granola Ai.

túnel do viño de amandi

O VII Túnel do Viño de Amandi abrirá as súas portas o luns, 11 de agosto, ás 19:00 horas. Á mesma hora haberá unha actuación do grupo Nectarine Soul.

No evento, organizado por Vinosacra, participan 25 adegas e 50 referencias de viños da subzona de Amandi e Sober que se poden degustar nunha carpa instalada na Praza do Concello. Colabora ademais a empresa cárnica lucense Torre de Núñez.

O Túnel no que degustar os viños de Amandi estará aberto ata as 23:00 horas. O martes abrirá en horario de 11:00 a 15:00 horas.

ÚLTIMAS

O 7 de novembro entréganse os premios do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebra 12 anos de traxectoria impulsando...

Apróbase coa abstención do PP a moción de Espertamonforte para reclamar á Xunta unha escola da Galiña Azul

Na exposición de motivos, Esperta explicaba que Monforte, segunda cidade da provincia de Lugo,...

Últimas proxeccións da curta ‘Descensos’ no IES Daviña Rey de Monforte e Lamas das Quendas de Chantada

A curta "Descensos", que une documental e ficción, conta a historia de dous descensos...