HomesociedadeAxenda da Asociación As Cavarcas do Incio neste mes de agosto

Axenda da Asociación As Cavarcas do Incio neste mes de agosto

A primeira actividade terá lugar este sábado, 9 de agosto cunha visita cultural guiada en coche particular polas Igrexas de Hospital do Incio, a Cruz do Incio e a do Val do Mao. Comezarase ás 16,30hs no Hospital.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A programación deseñada pola Asoc. Cultural As Cavarcas continuará cun curso de restauración de apeiros de labranza, que se celebrará os días 11, 13, 18,19, 20 e 22 na antiga cámara agraria de Cruz do Incio.

Terá horario de 17:00h a 20:00h e as persoas participantes deberán levar as pezas que queiran restaurar. Esta será a 3ª edición dunha cita que contou con moito éxito de asistencia nos anos anteriores.

Coincidindo coa feira de ano do 22 de agosto, celebrarase unha xornada de xogos tradicionais a cargo de Xotramu (asociación de xogos tradicionais de Muimenta).

As actividades completaranse coa colaboración con Siháho Consulting SLU, especialistas en medio ambiente, para a instalación dun novo composteiro no colexio público do Incio Ricardo Gasset. A iniciativa forma parte do proxecto Bichocompost, para identificar os invertebrados que interveñen no proceso de compostaxe ou están presentes nas redes tróficas de dito proceso e editar unha pequena guía de fauna presente na composteira. Coa coordinación da rede de mestres composteiros de España, Composta en Red, e a universidade de Granada coa colaboración dos mestres composteiros asociados á rede de ámbito nacional.

    ÚLTIMAS

    O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

    Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

    Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

    O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

    Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

    A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

    Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

    Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...