HomesociedadePreséntase en Triacastela o proxecto "Mulleres que contan"

Preséntase en Triacastela o proxecto “Mulleres que contan”

O Grupo de Desenvolvemento Rural Ribeira Sacra-Courel presentou esta semana en Triacastela o proxecto de cooperación interterritorial Mulleres que Contan, unha iniciativa na que participan tamén os GDRs Sil-Bibei-Navea, Miño-Ulla e o GDR Asociación Deloa como entidade coordinadora.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -


O acto contou coa presenza da alcaldesa de Triacastela, Olga Iglesias, que deu a benvida e puxo en valor o papel das mulleres do rural como transmisoras de coñecementos e coidadoras da memoria colectiva. Tamén interviron Hadriana Casla, directora do proxecto, e o actor, Xosé Antonio Touriñán, que participa na divulgación da iniciativa cun enfoque creativo e emocional.

Un proxecto para poñer en valor a memoria, os coidados e os saberes das mulleres rurais Mulleres que Contan ten como obxectivo recuperar, visibilizar e activar os coñecementos e prácticas culturais e de coidado que sostiveron durante décadas a vida no rural galego, a través das voces das súas protagonistas: as mulleres maiores.

Ao longo dos próximos meses celebraranse obradoiros participativos nos distintos territorios implicados, cun enfoque centrado no coidado comunitario, o autocoidado e a transmisión de saberes.

Dende o GDR Ribeira Sacra-Courel, con esta proposta destacan a importancia de que as políticas de desenvolvemento rural recoñezan o papel central das mulleres como axentes de cambio, memoria e sostemento social. Esta presentación foi un primeiro paso para achegar o proxecto á veciñanza e convidar ás mulleres da zona a participar activamente.

ÚLTIMAS

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...