HomesociedadeO CCU de Monforte organiza a "Gymkhana máis grande da Ribeira Sacra"

O CCU de Monforte organiza a “Gymkhana máis grande da Ribeira Sacra”

A Praza da Compañía converterase no epicentro do lecer infantil e familiar do 21 ao 23 de agosto grazas á iniciativa do comercio asociado monfortino.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

O Centro Comercial Urbano de Monforte segue coa súa frenética actividade de verán e anuncia a conta atrás para a organización para o evento “As Gymkhanas do CCU”.

A gran estrela desta edición será a “nova GYMKHANA XIGANTE“, con máis de 90 metros de percorrido e formada por módulos inchables totalmente renovados e obstáculos inéditos que prometen emoción, risas e adrenalina. “Trátase da gymkhana máis grande instalada ata o momento en Monforte de Lemos e en toda a Ribeira Sacra”, refiren dende a xerencia do CCU.

A actividade está pensada para persoas entre 5 e 99 anos e contará tamén cunha versión especial, a Mini Gymkhana de 15 metros, deseñada exclusivamente para os máis pequenos da casa, ata 5 anos. Un espazo seguro, divertido e adaptado para que tamén poidan vivir a experiencia á súa medida.

QUE FACER PARA GOZAR DESTA ATRACCIÓN?
Para poder participar desta actividade cómpre ter realizado algunha compra de 9 € ou máis en calquera dos máis de 150 establecementos asociados e despois aboar 1 € á hora de acceder ao percorrido da Gymkhana. Cada compra dá dereito a unha entrada, e farase ata esgotar existencias.

O CCU lembra que as entradas están dispoñibles desde principios de agosto e que a alta demanda fai que nalgúns establecementos se esgoten rapidamente. Por este motivo, a organización recomenda preguntar pola dispoñibilidade antes de realizar a compra.

ACTIVIDADE FAMILIAR E ‘UN CLÁSICO’ XA DO VERÁN EN MONFORTE

As gymkhanas contarán cun amplo horario de mañá e tarde (11:00 a 14:00 e 17:00 a 22:00) os días 21, 22 e 23, para facilitar a participación de todo o público. A actividade está organizada polo Centro Comercial Urbano (CCU) de Monforte e cofinanciada pola Xunta de Galicia contando co apoio do Concello de Monforte.

As Gymkhanas do CCU convertéronse xa nun referente de lecer estival en Monforte atraendo tanto a veciños como visitantes que aproveitan as súas compras no comercio local para gozar dunha experiencia única en familia. “Queremos que Monforte tamén sexa sinónimo de verán, alegría e actividade. Apostamos por iniciativas que unen diversión e dinamización comercial, e iso é o que conseguimos coas nosas Gymkhanas”, refiren dende a xerencia do CCU de Monforte.

SEGUIMENTO E ENTRADAS DE BALDE A TRAVÉS DAS REDES SOCIAIS

A través dos perfís do CCU en Instagram, Facebook e X (@ccumonforte), os seguidores as seguidoras poderán acceder a sorteos de entradas e estar ao día de todas as novidades.

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...