HomesociedadeArtesanía de Galicia na Ribeira Sacra este 23 de agosto en Cadeiras

Artesanía de Galicia na Ribeira Sacra este 23 de agosto en Cadeiras

A contorna do Santuario de Nosa Señora de Cadeiras acolle o 23 de agosto de 11:00 a 21:00 a V edición de Artesanía de Galicia na Ribeira Sacra

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

19 expositores de Artesanía de Galicia chegados do propio concello de Sober, de Quiroga, de Taboada, de Lugo, da Teixeira e doutros concellos de Ourense ou da Coruña ofrecerán os seus artigos nesta cita en Cadeiras.

Desenvolveranse ademais obradoiros gratuítos abertos ao público. Os participantes convertiranse en aprendices na utilización do torno cerámico, elaborarán pezas de barro mediante as técnicas da olería tradicional galega; faranse prácticas de encadernación xaponesa e de marmolado, ténica secular para decorar as gardas dos libros na encadernación.

Durante a sesión vermú con contarase coa música en directo de Deuce ás 13:00.

ÚLTIMAS

Apróbase coa abstención do PP a moción de Espertamonforte para reclamar á Xunta unha escola da Galiña Azul

Na exposición de motivos, Esperta explicaba que Monforte, segunda cidade da provincia de Lugo,...

Últimas proxeccións da curta ‘Descensos’ no IES Daviña Rey de Monforte e Lamas das Quendas de Chantada

A curta "Descensos", que une documental e ficción, conta a historia de dous descensos...

Monforte licita o PXOM por 859.100€ e un prazo de execución de 60 meses

Co envío do anuncio de licitación ábrese o procedemento de contratación e o prazo...