HomesociedadeXIII Festa do Ouro de Margaride

XIII Festa do Ouro de Margaride

Coñecemos o programa desta celebración que lembra o paso dos romanos polas terras do Lor, en Quiroga, e que terá lugar este sábado 23 de agosto.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

Margaride, no concello de Quiroga e a carón do río Lor, é unha aldea que conserva vestixios que acreditan o paso dos romanos. Conserva unhas covas que foron galerías no lugar coñecido como ‘complexo aurífero do Medo’, ubicación onde se realiza a ‘Festa do ouro’, un evento que organiza a Asociación de Veciños e Veciñas de Margaride.

Esta romaría castrexo-romana xunta á veciñanza con diferentes actividades e un xantar popular pero tamén dá a coñecer a pegada dos romanos aos visitantes que se achegan a través de actividades divulgativas.

Xantar de confraternidade veciñal. Foto: XMF
PROGRAMA 2025

Ás 11:30 h haberá unha Misa en latín.

Ás 12:00 h. Visita ás adegas, antigas galerías auríferas, acompañados de AIKIRINDO GAITUCADA.

Para as 14:30 h. está programado o xantar de confraternidade veciñal no ‘Campamento castrexo-romano’. O prezo é de 35 € con polbo e churrasco a fartar.

Actividades de lecer para pequenos/as e maiores pola tarde:

Ás 17:30 h. haberá xogos infantís entre castrexos e romanos: chave, na busca do ouro e actuación de maxia a cargo de “Deimi o Mago Castrexo”.

Xogando á Chave na Festa do Ouro de Margaride. Foto: XMF.
Actividade ‘na busca do ouro’. Foto: XMF.
Deimi o mago Castrexo. Foto cedida.

Ás 18:30 h. Conferencia na Cova do Medo baixo o título de “Vacceos, un pueblo celta del centro del Valle del Duero”; a cargo de Francisco Pérez Rodríguez, Director do Museo de Palencia e Arqueólogo.

Para a noitiña, ás 20:00 h. festa con DJ Kola, e ás 22:00 h. Cea no Campamento Castrexo-romano.

Rematando a xornada festiva, ás 23:00 h. ‘Nox Terrorem’: rituais celtas con Rumoris Fabulam Veri (Lenda, fábula ou verdade), Rito da boa sorte, concerto a cargo do cantautor local PEITOESCURO e queimada.

Festa do Ouro 2024. Foto: XMF

E a partir das 00:00 h. verbena con DJ Kola.

ÚLTIMAS

O BNG de Monforte entrega as primeiras alegacións recollidas contra o proxecto da nova ponte do Malecón

O BNG de Monforte vén de presentar no concello unha primeira remesa das alegacións...

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...