HomesociedadeEste 23 de agosto Cadeiras acolle Artesanía de Galicia na Ribeira Sacra

Este 23 de agosto Cadeiras acolle Artesanía de Galicia na Ribeira Sacra

A Fundación Artesanía de Galicia organiza por quinto ano consecutivo o encontro Artesanía de Galicia na Ribeira Sacra co obxectivo de divulgar os oficios tradicionais, impulsar a comercialización do produto artesán galego e consolidar a marca Artesanía de Galicia. O horario será de 11.00 a 21.00 horas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A edición deste ano conta coa participación de 19 obradoiros da marca Artesanía de Galicia especializados en oficios como a olería tradicional, a xoiería, a cerámica, os xoguetes, a bixutería, o manipulado de papel ou os complementos de moda. Os obradoiros da Ribeira Sacra que asisten como expositores son a Alfarería Elías de Gundivós (Sober), Enxógate (Quiroga) e Mimacuir (Castelo, Taboada). Os demais proceden de diferentes puntos de Galicia.

Ao longo da xornada desenvolveranse tres obradoiros gratuítos e abertos a todos os públicos, en horario de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 21.00 horas. A Asociación Galega da Cerámica e outras Artesanías (Gondomar, Pontevedra) dirixirá o obradoiro de Iniciación ao torno cerámico, no que os participantes poderán elaborar pezas de barro mediante as técnicas da olería tradicional galega. A actividade completarase coa divulgación das principais características das pezas máis representativas da nosa olería.

Os artesáns María José Martínez e José Antonio Carrera, de Peixesapop (Vigo) encargaranse dous outros dous obradoiros: un de encadernación xaponesa e outro de marmolado, que é a técnica que se utilizaba na antigüidade para decorar as gardas dos libros, entre outras cousas. No primeiro taller elaboraranse cadernos seguindo os diferentes tipos de encadernación á xaponesa, para adecuar o grao de dificultade ás diferentes idades dos asistentes. O obradoiro de marmolado permitirá aos participantes crear diversos motivos decorativos mediante a manipulación de pinturas que flotan sobre a auga e que se trasladarán a superficies ou a soportes porosos coma o tecido ou o papel.

A programación da iniciativa Artesanía de Galicia na Ribeira Sacra completarase coa actuación do dúo acústico Deuce, a partir das 13.00 horas

ÚLTIMAS

O 7 de novembro entréganse os premios do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebra 12 anos de traxectoria impulsando...

Apróbase coa abstención do PP a moción de Espertamonforte para reclamar á Xunta unha escola da Galiña Azul

Na exposición de motivos, Esperta explicaba que Monforte, segunda cidade da provincia de Lugo,...

Últimas proxeccións da curta ‘Descensos’ no IES Daviña Rey de Monforte e Lamas das Quendas de Chantada

A curta "Descensos", que une documental e ficción, conta a historia de dous descensos...