HomesociedadeO 6 de setembro Bóveda comeza o programa "Familias Corresponsables. Coidado Compartido"

O 6 de setembro Bóveda comeza o programa “Familias Corresponsables. Coidado Compartido”

Este sábado Rubián acolle a primeira cita do programa 'Familias Corresponsables. Coidado Compartido', un encontro dirixido ás familias para traballar a corresponsabilidade.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A idea desta proposta é que coidar non é só “axudar”, senón implicarse. Será unha sesión práctica e participativa, na que persoas adultas, nenos, nenas e adolescentes van conversar sobre os papeis de xénero que aprendemos e sobre como os homes poden estar máis presentes nos coidados. O obxectivo é que cada persoa se sinta parte da responsabilidade diaria e poida contribuír ao benestar do seu fogar.

Dinámicas como «Quen coida aquí? Isto tamén vai contigo» serán o punto de partida para abrir o diálogo, romper hábitos e construír unha igualdade real a través do coidado compartido.

A actividade vai estar guiada pola educadora social, Paula Santos e tamén se vai celebrar en Guntín o sábado, 13 de setembro e na Raíña o sábado día 20. A actividade é gratuíta e está aberta a quen queirar participar.

ÚLTIMAS

Monforte entrega os premios do Certame de Narración e Debuxo Infantil das Letras Galegas

O certame organizado pola Biblioteca Pública Municipal Poeta Lois Pereiro e a Biblioteca Provincial...

O Ciclo Mestre Mateo chega este verán a Taboada, A Pobra do Brollón e Sarria

Nesta edición, o público poderá ver un total de oito títulos: Sirât, As liñas...

Premio Escoba de Platino 2026 para Monforte e xa van 4

Esta semana, o alcalde de Monforte, José Tomé Roca, trasladouse a Madrid para recoller...

Comeza a mellora do campo de fútbol da Ribela en Sarria á que se destinan 516.200€

Este xoves comezaron as obras e visitou as instalacións deportivas o delegado territorial de...